|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os traballadores están dispostos a levar a folga de fame até as últimas consecuencias para demostrar que a razón está da súa parte e para demandar o súa readmisión no posto de traballo. Entre mentres, Arriva segue sen estar disposta a sentar a negociar. Para Xesús Pastoriza, presidente do Comité de Folga e secretario nacional de Transporte da FGAMT-CIG, é unha irresponsabilidade por parte da Xunta de Galiza non ter mediado no conflito “para conseguir que as partes se senten a negociar sen condicións previas”. Pastoriza tamén considera que a Xunta debería ter velado, como é a súa obriga, “polo bo funcionamento dun servizo subvencionado en algúns traxectos”. O secretario nacional de Transportes da FGAMT-CIG denuncia ademais a política neoliberal de Arriva coa que só se pretende precarizar as condicións do cadro de persoal e os servizos. O inicio desta folga de fame contou coa presenza de practicamente todo o cadro de persoal, en folga indefinida, de representantes comarcais da CIG, tanto en A Coruña como en Ferrol e do propio secretario xeral, Suso Seixo en A Coruña. O deputado Fernando Blanco amosou coa súa presenza a súa solidariedade cos folguistas. |
|||||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/10/2005 |
|||||||||||||||||||||
|