ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 8 de outubro de 2005

Convoca a CIG e os afectados polos recortes no caladoiro NAFO
Manifestación en defensa do sector pesqueiro galego o día 14 de outubro en Marín

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Protesta recortes caladoiro NAFO, clic para aumentar
Os afectados polos recortes de capturas no caladoiro NAFO xa realizaron diversos actos de protesta, como a concentración convocada o pasado día 26 de setembro, na praza do Obradoiro, diante do hostal dos Reis Católicos, onde estaban reunidos os ministros de Agricultura dos 19 países de Latinoamérica, Portugal, Andorra e o Estado español. (Foto: ©Uxío 26/09/2005).
 
Os afectados polos recortes de capturas no caladoiro NAFO, xunto coa CIG, convocan unha manifestación para o próximo venres 14 de outubro ás 20:00 horas, con saída da Alameda de Marín, baixo o lema “En NAFO acósannos mentres Madrid decide desguaces, recorte de cuota... Pola defensa do sector pesqueiro galego”.

Tras varias reunións con representantes do Goberno galego, nomeadamente co secretario xeral de Pesca e co vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, para expor a situación que padecen, derivada dos recortes de cuota, de ameazas de desguaces así como acoso permantente dos que están a ser obxecto -tanto por parte das patrulleiras como de avións do Canadá-, os mariñeiros que desenvolven a súa actividade en barcos que faenan no caladoiro NAFO convocan agora este acto de protesta para demandar do Goberno estatal medidas que permitan solucionar esta situación.

A CIG xa celebrou varias asembleas cos tripulantes dos barcos afectados e nestas, os propios mariñeiros acordaron tanto as xuntanzas como a convocatoria da manifestación.

Ademais, xa realizaron diversos actos de protesta, como a concentración convocada o pasado día 26 de setembro, na praza do Obradoiro, diante do hostal dos Reis Católicos, onde estaban reunidos os ministros de Agricultura dos 19 países de Latinoamérica, Portugal, Andorra e o Estado español.

 
 
Informacións relacionadas
22/09/2005 A asemblea de mariñeiros afectados polos recortes de pesca no caladoiro NAFO acorda mobilizacións
20/09/2005 O martes 20 de setembro ás 18:00 horas na biblioteca de Marín
A CIG convoca unha asemblea de mariñeiros dos buques que faenan no caladoiro NAFO
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/10/2005
cig.informatica


 

Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apóntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta