ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 4 de outubro de 2005

O xoves 6 de outubro ás 11:30 horas
Manifestación na Limia por unha solución ao conflito da Mancomunidade

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  José Juan Puga Quintas, clic para aumentar
A CIG acusa aos alcaldes da Mancomunidade de non querer chegar a acordos para pór fin a un problema que afecta aos traballadores e aos propios veciños. (Foto: O presidente da Mancomunidade da Limia e alcalde de Os Blancos (Ourense), José Juan Puga Quintas, dirixíndose ao camión do lixo. ©galizacig.com 09/09/2005).
 
A CIG de Verín convoca a todos os veciños e veciñas e traballadores da Comarca da Limia á manifestación que terá lugar o próximo xoves 6 de outubro, ás 11:30 horas desde o concello da Limia, para exixir a negociación e solución ao conflito dos traballadores da Mancomunidade.

A CIG acusa aos alcaldes da Mancomunidade de non querer chegar a acordos para pór fin a un problema que afecta aos traballadores e aos propios veciños. Ademais, lembra que non é certo que se teña que incrementar a factura do lixo para poder facer fronte ao incremento salarial que demandan os traballadores. Outra cousa é que a mancomunidade teña que recorrer á suba do recibo para pagar outro tipo de retribucións que os traballadores consideran que se poderían perfectamente eliminar.

A CIG reclama tamén o mantemento da mancomunidade da Limia e aposta por unha solución dialogada que pasa pola aprobación do convenio colectivo e a suba salarial comprometida.

 
 
Informacións relacionadas
27/09/2005 Coincidindo co xuízo contra os alcaldes da mancomunidade da Limia por vulnerar a liberdade sindical e o dereito de folga
A Executiva da CIG reúnese en Ourense en apoio aos traballadores en folga
23/09/2005 Manifestación nacional o 6 de outubro ás 11:30 horas, en Xinzo
O Secretariado da CIG destina 6.000 euros do Fondo de Solidariedade para apoiar aos folguistas da Limia
31/08/2005 Folga do Lixo na Limia: A Mancomunidade fai unha proposta provocativa
23/08/2005 Fronte á Casa do Concello de Xinzo, o mércores 24 de agosto
Concentración de solidariedade cos traballadores da folga da recollida do lixo da Mancomunidade da Limia
17/08/2005 Comezou o pasado 12 de agosto e ten unha duración prevista de 20 días
Folga dos traballadores da mancomunidade da Limia polo incumprimento do convenio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/10/2005
cig.informatica