|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os traballadores da empresa de Transportes ARRIVA levan desde o pasado 3 de outubro en folga indefinida, con dous compañeiros en folga de fame desde o día 5 do mesmo mes, en demanda da súa readmisión. Ás 11:30 da mañá do venres 14 de outubro, 20 deles, membros do Comité de Folga, ocupaban a Dirección Xeral de Transportes. Malia o tempo transcorrido desde o comezo do conflito, a empresa négase a negociar e, até o de agora, desde a Dirección Xeral de Transportes non se amosara interese algún por tratar solucionar este conflito, malia as demandas dos folguistas. Ernesto López Rei, secretario comarcal de Transportes da CIG de A Coruña explicaba, xusto antes de entrar nas oficinas do organismo da Xunta que “vimos a ocupar a Dirección Xeral de Transportes porque entendemos que é un dos organismos competentes en materia de transporte e ten a obriga de mediar. Ten que coller á dirección de ARRIVA e sentala a negociar”.
Unha hora despois de comezar o peche, os concentrados recibiron a chamada do propio director xeral, quen accedía a manter unha xuntanza con eles, tras intentar que se pospuxera, por motivos de axenda. O director xeral manifestou a súa contrariedade por non ter recibido previamente unha solicitude de entrevista, pero Ernesto López Rei, que actuou de intermediario, manifestou que “estase poñendo en perigo a vida dos nosos compañeiros e a nós o protocolo parécenos o de menos. Aquí alguén ten que solucionar o problema ou, cando menos, pór os medios para que se cren as condicións que permitan a súa solución”. López Rei explicoulle tamén ao conselleiro que este conflito está afectando a todo o transporte de viaxeiros da metade Norte de Galiza e matizou que “se o director xeral de Transportes non ten nada que dicir a este respecto, non se para que se lle paga”. Os traballadores de ARRIVA recibiron numerosas manifestación de apoio ás súas demandas, entre outras do Comité Intercentros de “Autopistas do Atlántico” composto polas centrais sindicais da CIG, UGT, CCOO e SITA. O director xeral de Transportes reuniuse finalmente co Comité de Folga de Arriva pechado na Dirección Xeral e comprometeuse a mediar no conflicto e a presionar á empresa Arriva para que sente a negociar. |
||||||||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/10/2005 |
||||||||||||||||||||||||
|