|
Actualidade CIG-Comunicación-
Venezuela, país no que viven miles de emigrados galegos, está vivindo unha fonda transformación, política, económica e social, dende que Hugo Chavez gañou as eleicións presidenciais no ano 1988. Durante os primeiros anos a oposición das vellas estructuras de poder, o sector empresarial, a cúpula da igrexa e os meios de comunicación privados realizaron unha campaña de desestabilización, que tivo o seu ponto máis álxido no golpe de estado de abril de 2002, e a folga de PDVESA (a empresa estatal de petróleos). Todos estes intentos golpistas fracasaron diante da mobilización popular, e o apoio dun importante sector das forzas armadas ao proceso revolucionario. Nos últimos anos a economía de Venezuela medrou a bo ritmo, o que permitiu recuperar o emprego, dar un pulo aos programas sociais e azos á política exterior alternativa ao ALCA. Sen dúbida Venezuela, as distintas organizacións que están forxando o cambio, son hoxe un dos procesos que merecen todo o apoio das forzas que, en todo o mundo, loitan a prol da xustiza social, a soberanía, e a solidariedade. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/10/2005 |
||||
|