ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 4 de outubro de 2005

Office Depot despide a oito persoas do seu cadro de persoal en Ourense
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Office Depot, clic para aumentar
O argumento de descenso de rendemento que se indica nas cartas de despido está en clara contradición coas informacións que facilita a empresa, que a través dun memorando enviado o mesmo día no que estes foron comunicados, fálase dunha reestruturación europea desta multinacional, sendo estas as primeiras consecuencias.
 
A Confederación Intersindical Galega denuncia o despido de oito traballadoras e traballadores na empresa Office Depot no seu centro de traballo en Velle, Ourense. O motivo destes despedimentos segundo a empresa é “descenso de rendemento normal nos tres últimos meses, en período de alta, respecto dos anteriores”.

Ao mesmo tempo, e na mesma carta, a empresa recoñece a total improcedencia destes despedimentos poñendo a disposición dos traballadores e traballadoras a indemnización legal correspondente.

Ante este feito, dende a CIG queren facer chegar á opinión pública, e a todos os traballadores e traballadoras, as seguintes consideracións:

1º. Declarar por parte da empresa a improcedencia dos despedimentos e poñer a disposición a máxima indemnización legal estipulada para os despedimentos improcedentes, evidencia a inxustiza destes, e é unha clara manobra por parte da empresa para evitar calquera tipo de contestación por parte do cadro de persoal.

2º. O argumento de descenso de rendemento que se indica nas cartas de despido está en clara contradición coas informacións que facilita a empresa, que a través dun memorando enviado o mesmo día no que estes foron comunicados, fálase dunha reestruturación europea desta multinacional, sendo estas as primeiras consecuencias.

3º. A celebración nos últimos días de novos contratos (aproximadamente tantos como traballadores e traballadoras despedidos) pon de manifesto a nova liña a seguir por parte da empresa, que consiste en desfacerse dos traballadores e traballadoras fixos, con antigüidade e con máis dereitos na empresa, e substituílos por persoal eventual mediante contratos precarios.

4º. A todo o anterior hai que engadirlle un continuo goteo de eliminación de postos de traballo a través de fraudulentas finalizacións de contratos e falsas baixas “voluntarias” en contratos de tipo indefinido, de máis de dez traballadores e traballadoras ao largo do último ano, que evidencian o ambiente de traballo existente na empresa.

5º. Por último, a CIG entende que esta nova etapa que se está a vivir na empresa, e que provoca na totalidade do cadro de persoal un clima de medo e terror, só pode ser afrontada con certas garantías coa unión e participación de todos os traballadores e traballadoras ante os acontecementos que poidan xurdir, polo que anticipa a súa vontade e compromiso para levar a cabo todas as accións precisas para a defensa dos postos de traballo nunhas condicións dignas.


Ourense, 30 de setembro de 2005.

 
 
Informacións relacionadas
02/12/2004 O persoal de Office Depot solidarízase cunha compañeira despedida
02/07/2004 Acada maioría absoluta no Comité de Empresa
A CIG gaña as eleccións na empresa de telemárketing Office Depot, en Ourense
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/10/2005
cig.informatica