Actualidade / Opinión Volver


Santiago, 21 de outubro de 2005

DESDE O VENTRE DA BALEA
Pacto neoliberal en Alemaña: E que dirá agora Günter Grass?

 

Rafa Villar-

CIG-Normalización Lingüística


Durante a campaña electoral, o premio nobel de literatura, Günter Grass, todo un persoeiro da vida pública alemá, fixo campaña activa en prol do SPD e do seu candidato Schroeder, reclamando como voto útil da esquerda o voto a este partido por “estar a carón dos socialmente débiles” e “porque non temos nada mellor á vista”.



  Izada de bandeira española, clic para aumentar
Durante a campaña electoral, o premio nobel de literatura, Günter Grass, todo un persoeiro da vida pública alemá, fixo campaña activa en prol do SPD e do seu candidato Schroeder, reclamando como voto útil da esquerda o voto a este partido por “estar a carón dos socialmente débiles” e “porque non temos nada mellor á vista” (en palabras do escritor). Nun artigo seu publicado en plena campaña, e recollido en prensa do Estado español, Grass suliñaba expresamente que escoller a Angela Merkel, a líder da CDU, “para a chancelaría sería unha imprudencia”, facendo referencia á posición deste partido favorábel á guerra imperialista en Iraq e ao envío de tropas alemás ao conflito.
 
O acordo de goberno acadado en Alemaña entre a CDU (partido da dereita democristiá) e o SPD (o antigo partido de ideoloxía socialdemocráta, hoxe no social-liberalismo), tras a celebración das eleccións no país bávaro, é un acontecemento político de non pouca magnitude no escenario europeo. Ambos os partidos representan o modelo bipartidista de falsa alternancia que o sistema propugna e que desde os poderes se favorece. A distancia entre as políticas económicas e sociais que practican ambos é cada vez menor, e iso significa que os intereses que defenden SPD e CDU son en exclusividade os do capital. Lonxe está a defensa do ‘welfare state’ (estado de benestar) que caracterizaba a socialdemocracia alemá.

Hai que dicir, ademais, que o devandito pacto pervirte de xeito perturbador a vontade cidadá, expresada electoralmente na demanda dunha viraxe esquerda tras o anterior goberno de Gerhard Schroeder, de coalición entre o SPD e os Verdes de Joschka Fischer. Lémbrese que a anterior coalición gobernante, SPD e os Verdes, perde en conxunto 24 escanos no Bundestag (20 os primeiros e 4 os segundos). Pola súa parte, o CDU perde 4 escanos.

Fronte a estes resultados, emerxe o Partido da Esquerda, que, liderado polo comunista Gregor Gysi e o socialdemócrata Oskar Lafontaine, sobe 52 escanos na súa representatividade, cunha porcentaxe en zonas da antiga Alemaña do Leste de máis do 25% dos votos.

O Partido da Esquerda presentouse a estes comicios anticipados cun programa nidiamente anti-neoliberal e dun carácter moi social, de defensa dos intereses da clase traballadora e das capas sociais máis desfavorecidas. Esta organización é de moi recente creación, e recolle dúas tradicións políticas, a comunista do PDS (de forte implantación no leste alemán) e a socialdemócrata -non aliñada co neoliberalismo-, conformada esta na súa maioría por sectores desligados do SPD, como o propio Lafontaine.

Durante a campaña electoral, o premio nobel de literatura, Günter Grass, todo un persoeiro da vida pública alemá, fixo campaña activa en prol do SPD e do seu candidato Schroeder, reclamando como voto útil da esquerda o voto a este partido por “estar a carón dos socialmente débiles” e “porque non temos nada mellor á vista” (en palabras do escritor). Nun artigo seu publicado en plena campaña, e recollido en prensa do Estado español, Grass suliñaba expresamente que escoller a Angela Merkel, a líder da CDU, “para a chancelaría sería unha imprudencia”, facendo referencia á posición deste partido favorábel á guerra imperialista en Iraq e ao envío de tropas alemás ao conflito.

O pacto de goberno entre CDU e SPD, que entrega a chancelaría alemá á dereitista Angela Merkel, debería facer reflexionar ao nobel alemán, e aos que coma el, con toda boa vontade ou sen ela, vían no segundo dos partidos, o SPD, aos valedores de políticas sociais progresistas. Certamente, tras o goberno encabezado por Schroeder era ben difícil soster iso. Hoxe, con este pacto neoliberal é un insulto á intelixencia do pobo facelo. A única esquerda política real na actual Alemaña é o Partido da Esquerda, forza aínda nacente e á que hai que lle agoirar un bo futuro. Polo ben da clase traballadora alemá e tamén da europea. A esquerda social alemá comeza a comprender isto, e escapa xa da demagoxia discursiva dos que, como Grass (aínda a tempo de rectificar), ditan a súa opinión desde a súa posición pública de prevalencia.


Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2005.

 
 

Rafa Villar,
escritor e responsábel do Departamento de Normalización Lingüística da CIG.

  Rafa Villar
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/10/2005
cig.informatica


 

Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apóntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta