ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 26 de outubro de 2005

Representantes da CIG de todo o país apoiaron ao secretario xeral no xuízo de Lugo
Suso Seixo demanda da xustiza sensibilidade social cara a clase traballadora

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Xuízo a Suso Seixo en Lugo, clic para aumentar
Xuízo a Suso Seixo en Lugo, clic para aumentar
Aqueles tres compañeiros foran sentenciados a máis de trece anos de cárcere, en total, e a multas que se achegan aos 20.000 euros. Unha sentenza que suscitaba por parte de Seixo unha reflexión sobre o diferente tratamento que se dá desde a xustiza ás persoas en función de quen sexan.
Xuízo a Suso Seixo en Lugo, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'33'', espacio en disco: 20.326.792 bytes [19,3 Mb]).
 
Secretarios comarcais, de organización, secretarios nacionais de federacións, membros da Executiva Confederal e militantes da CIG trasladáronse a Lugo para manifestar o seu apoio ao secretario xeral da CIG, Suso Seixo, no xuízo por supostas inxurias e calumnias, celebrado o 25 de outubro en Lugo.

Un xuízo no que Suso Seixo tratou de explicar o contexto no que se realizaron aquelas declaracións obxecto de denuncia por supostas inxurias e calumnias contra a xuíz e a fiscal encargadas do caso. Declaracións que “foron feitas con moito cabreo e moita indignación, como non podía ser menos, porque estabamos diante dunha condena absolutamente abusiva de tres compañeiros por participar nun piquete de folga” explicaba o secretario xeral da CIG ao remate da vista.

Aqueles tres compañeiros foran sentenciados a máis de trece anos de cárcere, en total, e a multas que se achegan aos 20.000 euros. Unha sentenza que suscitaba por parte de Seixo unha reflexión sobre o diferente tratamento que se dá desde a xustiza ás persoas en función de quen sexan.

“Estamos acostumados a ver todos os días como os empresarios atentan contra dereitos dos traballadores”, explicaba o secretario xeral da CIG, quen poñía como exemplo a “traballadoras e traballadores aos que lles fan asinar finiquitos en branco, nóminas que logo non lles pagan, que non lles dan as vacacións, que non lles dan de alta na Seguridade Social, que lles fan traballar xornadas totalmente abusivas, que lles fan traballar cunha falta total de medidas de seguridade e hixiene xogándose a vida. Levamos 56 mortos en Galiza por accidente laboral este ano, e vistes que algún empresario fora parar á cadea? É que non hai responsabilidades penais para os empresarios, só as hai para os traballadores?”.

Esta foi, de feito, a explicación que Suso Seixo intentaba dar na súa intervención final no propio xuízo cando lle foi retirada a palabra e que tivo que rematar diante das persoas concentradas perante o xulgado.


Diferentes varas de medir

Para demostrar a evidente diferenza de tratamento que se dá aos empresarios e aos traballadores, lembrou o caso de Raúl López, propietario de Transportes La Unión, que foi condenado por vulnerar o dereito fundamental á folga a unha multa de 6.000 euros, mentres que a Suso Seixo, por inxurias e calumnias pedíanlle un ano de cadea e máis de 10.000 euros.

Do mesmo xeito lembraba que aos tres compañeiros de Lugo “por atentar contra o dereito ao traballo do dono do pub, que non estaba convocado a esa folga porque era o empresario de hostalaría, métenlle tres anos e medio de cárcere. Este é o trato que lle dá a xustiza ás persoas dependendo da súa condición social e dependendo da súa cor e da súa ideoloxía política”.

Seixo subliñou que, desde a CIG non se está pedindo ningún trato especial por parte da xustiza, matizando que “se cadra tiña que haber unha discriminación positiva como traballadores e traballadoras”, que ao fin están en posición de debilidade fronte ao empresariado. “Simplemente estamos pedindo que ao igual que aos demais se nos trate con respecto e que, sobre todo, sintan un mínimo de sensibilidade social cara aos problemas que ten esa gran maioría social, que somos a clase traballadora. Iso é o que lle pedimos e iso é o que imos seguir mantendo a pesar de moitas condenas e de moitos xuízos aos que nos traian aquí”.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/10/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org e www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apóntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta