|
Actualidade
Santiago, 30 de novembro de 2005
Elaborarán un calendario de mobilizacións
para que se atendan ás súas demandas
A asemblea de traballadores de Panrico rexeita por unanimidade a proposta de convenio da empresa
| |
 |
| Logo de case un ano de sucesivas dilatacións
na negociación do convenio colectivo, a dirección da empresa Panrico fixo unha última e definitiva
proposta que “condea aos traballadores de Panrico-Galiza a seguir no furgón de cola en canto ás retribucións
económicas” e que non atende ás demandas presentadas polo Comité de Empresa. (Foto: ©F. Castilho/Parallax). |
| |
A Asemblea de traballadoras e traballadores
de Panrico vén de rexeitar, por unanimidade, a proposta de convenio presentada pola empresa. Os traballadores
consideran que se trata dunha proposta insuficiente canto ás retribucións económicas e anuncian
a elaboración dun calendario de mobilizacións para conseguir que se atendan as súas demandas.
Logo de case un ano de sucesivas dilatacións
na negociación do convenio colectivo, o pasado martes día 22 de novembro a dirección da empresa
Panrico fixo unha última e definitiva proposta que entenden que “condea aos traballadores de Panrico-Galiza
a seguir no furgón de cola en canto ás retribucións económicas” e que non atende ás
demandas presentadas polo Comité de Empresa.
Diante desto, o pasado sábado 26 de novembro
celebrábase unha asemblea de traballadoras/es que de forma unánime rexeitaba esa proposta. Ao tempo,
a asemblea acordaba que o Comité de Empresa elaborase un calendario de actuacións e mobilizacións
a levar a cabo “de cara a que no futuro convenio sexan unha realidade os plantexamentos realizados polo Comité
de Empresa”.
|