ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 10 de novembro de 2005

Congresos comarcais
A CIG de Lugo renova os seus organismos de dirección e reelixe a Xosé Ferreiro como secretario comarcal
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar
Aa nova Executiva Comarcal da Confederación Intersindical Galega de Lugo queda formada por: Xosé Ferreiro Fernández, Neves Somoza López, Antonio Niño Saavedra, Xosé Manuel López Pérez, Francisco Villanueva González, Esther Vila Vázquez e Guillerme Rei Rouco.
Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar
Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar
Entre as conclusións que se tiran do conxunto do informe cabe destacar o ambiente, cualificado como "hostil" no que se desenvolve o traballo sindical da CIG na comarca lucense, "cunha patronal moi agresiva co movemento sindical reivindicativo e cuns sindicatos españois colaboradores con eles". (Fotos: ©galizacig.com).
Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar
Francisco Villanueva González.
Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar
Guillerme Rei Rouco.
 
O pasado venres día 4 de novembro celebrábase en Lugo a Asemblea Comarcal pola que se renovaban os organismos de dirección da CIG na comarca. Para a Secretaría Comarcal presentábanse dúas candidaturas, a de Xosé Ferreiro, que obtivo 119 votos que o confirmaron como secretario comarcal reelecto, e a de Francisco Villanueva, que recibiu 70 votos.

Porén, tres candidaturas concorrían para conformar a nova Executiva Comarcal. Delas, a encabezada por Xosé Ferreiro Fernández obtiña 101 votos; a encabezada por Francisco Villanueva 69 e a encabezada por Guillerme Rouco, 19. Diste xeito, forman parte da nova Executiva Comarcal da Confederación Intersindical Galega de Lugo:

Xosé Ferreiro Fernández,
Neves Somoza López,
Antonio Niño Saavedra,
Xosé Manuel López Pérez,
Francisco Villanueva González,
Esther Vila Vázquez,
Guillerme Rei Rouco.

Xosé Ferreiro foi o encargado de presentar o informe de xestión da anterior Executiva. Informe que no propio texto concíbese como "unha radiografía real da situación e onde queden resaltados todos aqueles aspectos que atinxen á organización, tanto os máis positivos como os negativos".

Diste xeito, o documento que foi debatido pola Asemblea, fai un percorrido analítico dos últimos catro anos, avaliando tanto os aspectos internos, relativos á organización e o seu funcionamento, como os externos, relativos á situación sociolaboral de Lugo e a problemática que a CIG tivo e ten que enfrontar.

Entre as conclusións que se tiran do conxunto do informe cabe destacar o ambiente, cualificado como "hostil" no que se desenvolve o traballo sindical da CIG na comarca lucense, "cunha patronal moi agresiva co movemento sindical reivindicativo e cuns sindicatos españois colaboradores con eles".

Sublíñase tamén a dificultade engadida que deriva dun tecido produtivo de pequenas empresas, moi espalladas por toda a comarca, que favorece que se dean esas condicións hostís.

Unha situación da que derivaron uns resultados, nas eleccións sindicais, que o propio informe considera negativos e que levaron á Executiva saínte a facer unha presentación autocrítica do traballo realizado neste aspecto. Diante disto, o informe propón a "posta en práctica de medidas urxentes para mellorar o sistema organizativo, achegarse máis á clase traballadora, saír dos locais e controlar mellor este traballo". Tarefa que se considera "imprescindíbel para saír da situación na que nos atopamos".

En todo caso, os incrementos en afiliación nos últimos catro anos, dun 20,27% segundo recolle o informe, "teñen unha liña que invita ao optimismo", ao igual que a "saudábel" situación financeira. Ambos elementos que permiten "ter a base sólida necesaria para levar adiante as reformas precisas e partir cara a consecución dos nosos obxectivos".

Unión comarcal de Lugo
Evolución da afiliación do 2001 ao 2005
Resume de datos
 

2001

2002

2003

2004

2005

Nº de afiliados/as

3.585

3.809

4.081

4.183

4.312

Incremento absoluto  

+224

+272

+102

+129

Incremento relativo (%)  

+6,24

+7,14

+2,50

+3,08

Incremento absoluto global últimos 4 anos

+727

Incremento relativo global (%) últimos 4 anos

+20,27

Incremento relativo nacional (%) variación na afiliación a nivel nacional

+28,84

Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar  
Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar
Ao Congreso Comarcal de Lugo asistiron, en representación da Executiva Confederal, o secretario xeral, Suso Seixo, a secretaria confederal de Organización, Chelo Martínez, o secretario confederal de Emprego, Manuel Currás e a secretaria confederal de Inclusión Social, Mar Peteira.
Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar
Na súa intervención de clausura, Xosé Ferreiro Fernández destacou a necesidade de "estar a pé de obra, máis preto dos problemas da xente, para evitar que nos pase como a outras centrais sindicais e que nos distanciemos dos problemas reais". (Fotos: ©galizacig.com).
Asemblea Comarcal Lugo, clic para aumentar
Intervención de Suso Seixo.
CIG-Lugo reelixe a Xosé Ferreiro secretario comarcal, clic para descargar o vídeo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'25'', espacio en disco: 16.582.774 bytes [15,8 Mb]). Realización: César Caramés.
 
Na súa intervención de clausura, Xosé Ferreiro agradeceu de forma especial o traballo realizado durante estes días por compañeiros que nin sequera eran congresistas, fixo un chamamento a comezar a, unha vez rematado o proceso congresual, "traballar, traballar e traballar" e destacou a necesidade de "estar a pé de obra, máis preto dos problemas da xente, para evitar que nos pase como a outras centrais sindicais e que nos distanciemos dos problemas reais".

O Secretario Comarcal fixo especial fincapé na importancia que ten que os membros da organización sindical funcionen como un só "porque o proxecto que a CIG defende meréceo e sobre todo é imprescindíbel, é necesario e meréceo a clase traballadora galega e neste caso concreto, a da comarca de Lugo".

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/11/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta