ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 22 de novembro de 2005

Considera necesaria a implicación dos responsábeis das consellarías para axilizar e efectivizar os acordos
A CIG proporá concentrar por materias as mesas de diálogo social, pasando das sete previstas a tres

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Asinatura Diálogo Social, clic para aumentar
Logo de terse asinado a Declaración Institucional para a posta en marcha do proceso de diálogo social en Galiza, o goberno fixo a proposta de constituír sete mesas de traballo sobre diferentes materias. Na xuntanza que terá lugar o próximo xoves día 24 de novembro, a CIG proporá concentrar as materias e reducir as sete mesas previstas a tres.
 
Logo de terse asinado a Declaración Institucional para a posta en marcha do proceso de diálogo social en Galiza, o goberno fixo a proposta de constituír sete mesas de traballo sobre diferentes materias. Na xuntanza que terá lugar o próximo xoves día 24 de novembro, a CIG proporá concentrar as materias e reducir as sete mesas previstas a tres, facilitando ao mesmo tempo a participación dos responsábeis das consellarías implicadas para que os debates e posteriores acordos sexan máis áxiles.

O esquema previsto polo goberno para a posta en marcha do diálogo social en Galiza prevé a constitución dunha “Mesa Xeral Institucional” na que se formalizarían os acordos, unha “Mesa de Coordinación”, unha “Comisión de Traballo” e sete mesas:

1. Políticas de Emprego e Formación.

2. Relacións Laborais.

3. Políticas de Desenvolvemento Económico, Industrial e Medioambiental.

4. Políticas de Infraestruturas e Cohesión Territorial. Políticas de I+D+i.

5. Políticas de Cohesión Social e Igualdade.

6. Políticas de Economía Social e Cooperativismo.

7. Políticas de Emprego Público.

Porén, a CIG entende que atendendo ao tipo de materias a tratar en cada mesa, sería máis lóxico unificar aquelas que tiveran relación ou dependeran da mesma consellaría nunha soa.

Diste xeito, a proposta que levará a CIG á xuntanza que terá lugar o próximo día 24 de novembro supón pasar desas sete mesas a tres, que serían:

1. Políticas de Emprego e Formación, de Emprego Público, Saúde Laboral, Cohesión Social e Igualdade.

2. Marco Galego de Relación Laborais e Negociación Colectiva.

3. Políticas de Desenvolvemento Económico, Industrial e Medioambiental. Políticas de Infraestruturas e Cohesión Territorial. Políticas de I+D+i. Políticas de Economía Social e Cooperativismo.

Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral, que representa á CIG nas xuntanzas convocadas pola Dirección Xeral de Traballo previas á constitución definitiva das mesas xunto co secretario confedera de Emprego, Manuel Currás Meira, explica que coa proposta de constituír tres mesas “deséñase un esquema moito máis áxil e posibilítase concentrar as materias que están interrelacionadas entre si”.

Coa proposta de Mesa 1 “as políticas de emprego, sexa público ou non, formación, cohesión social e igualdade, que son materias intimamente relacionadas, que dependen da Consellaría de Traballo e da Vicepresidencia non estarían dispersas por varias mesas”, sinala Alcántara, quen engade que diste xeito tamén se posibilita que “haxa unha maior implicación dos responsábeis, dos propios conselleiros, para darlle maior efectividade”.

Canto á Mesa 2, o representante da CIG nas xuntanzas co goberno, explica que a posición da central sindical é a de centrarse no debate sobre o Marco Galego de Relacións Laborais, o debate das competencias e o debate sobre a política institucional, ademais da negociación colectiva. “Son aspectos con relevancia dabondo como para que se tratan nunha única mesa e que tamén están intimamente ligados”, matiza Alcántara.

Polo que respecta á Mesa 3, que semella ser a máis cargada pola cantidade de epígrafes que aglutina, o secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral entende que “tamén son materias que abordan aspectos moi semellantes”. Para este caso en concreto, a CIG considera ademais, que se debería posibilitar a participación dos sindicatos agrarios, pola súa implicación nos temas a tratar. Do mesmo xeito, no caso do cooperativismo, a CIG é partidaria de que se facilite a participación das asociacións cooperativas.

 
 
Informacións relacionadas
08/11/2005 Asínase a Declaración Institucional polo Diálogo Social en Galiza
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/11/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta