ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 11 de novembro de 2005

Concentración de delegados/as da Área Pública da CIG en demanda de melloras nas retribucións para 2006
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Área Pública CIG, concentración en A Coruña, clic para aumentar
Área Pública CIG, concentración en A Coruña, clic para aumentar
Área Pública CIG, concentración en A Coruña, clic para aumentar
A CIG denuncia que os sindicatos estatais veñen de aceptar, segundo recolle o texto do acordo, que non se contemple a cláusula de revisión salarial, nin a recuperación do poder adquisitivo, nin a xornada de 35 horas, ademais de manter os planos privados de pensións. (Fotos: ©Uxío 09/11/2005).
Área Pública CIG, concentración en A Coruña, clic para aumentar
Área Pública CIG, concentración en A Coruña, clic para aumentar
Área Pública CIG, concentración en A Coruña, clic para aumentar
Xosé Carlos Crespo (centro foto), secretario nacional da Federación de Administración Pública da CIG anunciou que se realizarán entrevistas cos distintos grupos parlamentarios para solicitar unha revisión do acordo e que o sindicato seguirá demandando melloras nas condicións socio-laborais dos traballadores. (Fotos: ©Uxío 09/11/2005).
 
Delegados e delegadas da Área Pública da CIG concentráronse en A Coruña, diante da Delegación do Goberno, para manifestar o seu rexeitamento ao acordo de retribucións de empregados e empregadas públicas para o ano 2006.

Xosé Carlos Crespo, secretario nacional da Federación de Administración Pública da CIG anunciou que se realizarán entrevistas cos distintos grupos parlamentarios para solicitar unha revisión do acordo e que o sindicato seguirá demandando melloras nas condicións socio-laborais dos traballadores.

As Federación da Área Pública da CIG (Administración Pública, Ensino e Saúde) entenden que este acordo, asinado por CCOO, UGT, CSIF e SPA co Goberno socialista na Mesa Xeral de Negociación do pasado 28 de xullo en Madrid, segue a afondar na perda de poder adquisitivo, xa que só recoñece un incremento do 2% máis o 1,05% para o Complemento de Destino nas Pagas extras, cando o IPC interanual está nestes momentos no 3,7%.

A CIG denuncia que os sindicatos estatais veñen de aceptar, segundo recolle o texto do acordo, que non se contemple a cláusula de revisión salarial, nin a recuperación do poder adquisitivo, nin a xornada de 35 horas, ademais de manter os planos privados de pensións.

Pola contra, as Federacións da Área Pública da CIG demandan un incremento salarial, con carácter xeral igual ao IPC real interanual, que se pode cuantificar como mínimo nun 4%; a recuperación do poder adquisitivo, para o que propoñen un incremento plurianual do 3%, con reparto lineal; que se inclúa a cláusula de revisión salarial; a xornada de 35 horas e un compromiso real para acabar coa precariedade e as privatizacións dos servizos públicos.

Ao tempo, denuncian que a proposta non foi negociada na Mesa Xeral, sendo presentada verbalmente na mesma mesa sen ningunha marxe para negociar. Habitualmente sempre había unha segunda convocatoria no mes de setembro para dar marxe ás organizacións con presenza na Mesa Xeral para que presentaran as súas propostas.

Para as Federacións da Área Pública da CIG con este acordo incúmprese o programa electoral do PSOE, no que se comprometía a recuperar o poder adquisitivo das empregadas e empregados públicos.

 
 
Informacións relacionadas
05/10/2005 Foi asinado por CCOO, UGT, CSIF e SPA co goberno do PSOE en Madrid
A área pública da CIG rexeita o acordo de retribucións de empregados/as públicos/as para 2006
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/11/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta