ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 25 de novembro de 2005

Concentración o martes 29 ás 12:00 diante da administración de Santiago
Folga no correo rural os días 28 e 29 de novembro

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración Correos Santiago, clic para aumentar
Ademais da folga, os carteiros rurais convocan unha concentración o martes día 29 de novembro, ás 12:00 horas, diante da administración de Santiago, na rúa Travesía de Fonseca. (Foto: Concentración de delegados/as da CIG diante da Oficina Principal de Correos en Santiago. ©galizacig.com).
 
CIG Correos informa da convocatoria de folga de carteiros rurais para os días 28 e 29 de novembro. A esta convocatoria chégase logo que desde a dirección de Correos se negaran a negociar ou adoptar medida algunha malia as accións de presión ás que os traballadores tiveron que recorrer: escritos ao presidente de Correos, recollida de sinaturas dos afectados, folga do día 31 de outubro e un peche de delegados da CIG na oficina principal de Correos de Compostela que aínda continúa.

CIG-Correos convoca para o luns e martes, 28 e 29 de novembro de 2005 unha folga de carteiros rurais en demanda da actualización dos suplidos por aportación de vehículo propio para os carteiros rurais, sobre todo logo da brutal suba dos prezos dos carburantes, e dunha negociación de Correos coas compañías de seguros, cos bancos e cos concesionarios e fabricantes de vehículos para facilitar e abartar a compra e mantemento dos vehículos utilizados para prestar o servizo no reparto do correo.

Ademais da folga, os carteiros rurais convocan unha concentración o martes día 29 de novembro, ás 12:00 horas, diante da administración de Santiago, na rúa Travesía de Fonseca.

 
 
Informacións relacionadas
22/11/2005 A empresa non amosou interese algún por sentarse a negociar
Os traballadores pechados na Oficina Principal de Correos de Santiago denuncian presións da dirección
16/11/2005 Concentración de delegados da CIG diante da Oficina Principal de Correos en apoio aos carteiros pechados
15/11/2005 Peche de delegados/as de Correos da CIG na Oficina Principal de Santiago
01/11/2005 Na comarca de Santiago chegou ao 93%
Ampla repercusión da folga de Correos convocada pola CIG coa participación dun 87% dos carteiros rurais
30/10/2005 Convocada folga en Correos para o día 31 de outubro
13/10/2005 Será a primeira dun calendario de mobilizacións que a CIG convoca en solitario cos traballadores
Folga en Correos de carteiros rurais o 31 de outubro
19/09/2005 Comezarían folgas de varios días a partir de outubro se non se actualizan os suplidos por aportación de vehículos
CIG-Correos anuncia mobilizacións se non se atenden as súas demandas
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/11/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta