|
Actualidade
Santiago, 14 de novembro de 2005
Miles de paraugas en Compostela con
“Nunca Máis”
| |
 |
 |
 |
| O berro de dignidade colectiva “Nunca Máis”
volveuse escoitar en Compostela para lembrar que as secuelas do Prestige seguen ferindo os sectores produtivos
galegos, ás nosas costas e aos nosos traballadores do mar.
(Fotos: ©galizacig.com) |
| |
Os paraugas volveron saír á rúa
por miles. Case tantos como o número de manifestantes -máis de 10.000- que percorreron as rúas
compostelanas este 13 de novembro para lembrar que “Nunca Máis” se pode repetir un Prestige, que “Nunca
Máis” se pode repetir a incompetencia e que “Nunca Máis” poden estar as costas galegas indefensas
diante dos miles de buques que pasan por diante do corredor da Costa da Morte.
O berro de dignidade colectiva “Nunca Máis”
volveuse escoitar en Compostela para lembrar que as secuelas do Prestige seguen ferindo os sectores produtivos
galegos, ás nosas costas e aos nosos traballadores do mar.
Un berro de dignidade colectiva para exixir que
se poñan en marcha todas as medidas que se veñen reclamando para que a resposta á pregunta,
que desta volta foi lema da convocatoria da Plataforma Cidadá, “Estamos preparados para o seguinte?” sexa
definitivamente “Si”.
E para estar preparados para outro posíbel
Prestige, a Plataforma Cidadá, “Nunca Máis”, demanda que se reduza “significativamente o risco de
novos accidentes e catástrofes ambientais nas nosas costas e o aumento dos medios dispoñíbeis
para a prevención e para labores de salvamento marítimo”, ademais dun “compromiso inequívoco,
por parte das administracións públicas para apoiar a recuperación económica dos sectores
afectados e avanzar na rexeneración das zonas afectadas”.
Nese sentido, ao remate da manifestación,
na Praza da Quintana, Rafa Villar, portavoz de “Nunca Máis”, lembrou que “é clamorosa a falta de
actuacións e de medidas que diminúan ese risco. Os medios con que contamos, despois de máis
de mil días, dificilmente serían eficaces para paliar unha marea negra ou para actuar dilixentemente
no caso dun sinistro similar”.
Ademais, engadiu que “a ferida aínda está
no mar. Pasarán anos antes de que os nosos ecosistemas se recuperen do golpe. Os seus efectos déixanse
sentir igualmente sobre os nosos sectores produtivos. Os homes e mulleres do mar reviven a traxedia no seu día
a día. O mar xa non está a dar o que antes daba. As consecuencias económicas da marea negra
exixen solucións, que aínda non estamos a ver”.
 |
|
| Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'35'',
espazo en disco: 18.646.840 bytes [17,7 Mb]). Realización: César Caramés. |
| |
Por iso, Villar advertiu que non se pode pasar páxina
e “pechar en falso este negro capítulo da nosa historia medioambiental, social e humana” e demandou, en
nome de “Nunca Máis”, a asunción de responsabilidades por parte dos novos gobernos, para que se poñan
os medios para evitar outra catástrofe desta envergadura. “Temos toda a lexitimidade para isto. E seguiremos
a tela e a exercela”.
|
 |
|
Para estar preparados para outro posíbel
Prestige, a Plataforma Cidadá, “Nunca Máis”, demanda que se reduza “significativamente o risco de
novos accidentes e catástrofes ambientais nas nosas costas e o aumento dos medios dispoñíbeis
para a prevención e para labores de salvamento marítimo”. |
 |
 |
Un berro de dignidade colectiva para exixir
que se poñan en marcha todas as medidas que se veñen reclamando para que a resposta á pregunta,
que desta volta foi lema da convocatoria da Plataforma Cidadá, “Estamos preparados para o seguinte?” sexa
definitivamente “Si”. |
 |
 |
Ao remate da manifestación, na Praza
da Quintana, Rafa Villar, portavoz de “Nunca Máis”, lembrou que “é clamorosa a falta de actuacións
e de medidas que diminúan ese risco. Os medios con que contamos, despois de máis de mil días,
dificilmente serían eficaces para paliar unha marea negra ou para actuar dilixentemente no caso dun sinistro
similar”. |
 |
|