|
Actualidade
Santiago, 3 de novembro de 2005
Levan meses agardando resposta as súas
demandas
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña urxen unha xuntanza co presidente da Autoridade Portuaria
| |
 |
| A carta tamén lembra ao novo presidente
da Autoridade Portuaria que “a extracción dos recursos pesqueiros e marisqueiros na zona é o noso
único medio de vida”. Por iso, demandan resposta urxente e que o novo presidente actúe con responsabilidade,
dando prioridade á solución das súas reclamacións. (Foto: Esta imaxe de percebeiros faenando en Punta Langosteira é xa para
a lembranza pois os recursos da zona desapareceron coas primeiras voladuras nas que as pedras cargadas de percebes
saltaron polo aire. ©Xosé Castro). |
| |
O Colectivo de Afectados pola Construción
do Porto Exterior de A Coruña vén de remitir unha carta ao novo presidente da Autoridade Portuaria
para solicitar unha xuntanza. Os afectados polas obras demandan que se dea prioridade a este asunto e que se busquen
solucións para as súas reclamacións.
Desde hai meses, concretamente desde o mes de
febreiro, iniciáronse actuacións, por parte do Colectivos de Afectados polas obras do Porto Exterior
de A Coruña, para solicitar compensacións e alternativas de futuro. Nese período, celebráronse
varias reunións co anterior presidente da Autoridade Portuaria, co delegado do Goberno en Galiza e cos distintos
conselleiros de Pesca e Asuntos Marítimos.
A instancias dos propios afectados, constituíase
a finais do pasado mes de marzo unha mesa de traballo con sede na Autoridade Portuaria e encabezada polo propio
presidente da mesma, na que tamén participaban os responsábeis das distintas administracións
implicadas, xunto cos representantes do colectivo de afectados. A Mesa de Traballo tiña como obxectivo definir
as alternativas e compensacións reclamadas.
Paulo Carril, secretario comarcal da CIG de A
Coruña, representante do colectivo de afectados, explica que no escrito os afectados subliñan “o
transcurso lento dos meses na tramitación do expediente de responsabilidade patrimonial, actualmente aínda
en trámite e a lentitude coa que se avanzaba nos temas da Mesa de Traballo, contrasta coa alta velocidade
e ritmo da obra, que fai aumentar día a día os noso danos e prexuízos”.
A carta tamén lembra ao novo presidente
da Autoridade Portuaria que “a extracción dos recursos pesqueiros e marisqueiros na zona é o noso
único medio de vida”. Por iso, demandan resposta urxente e que o novo presidente actúe con responsabilidade,
dando prioridade á solución das súas reclamacións.
|