|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os carteiros rurais demandan a actualización das compensacións polo uso de vehículo propio. Compensacións que levan sen revisar desde principios de 2003 e nas que non se ten en conta a constante suba do prezo dos carburantes. Xosé Blanco, secretario nacional de CIG-Correos, explica que se chegou ao peche logo de que Correos, malia a folga convocada para o pasado día 31 de outubro, non se sentara a negociar. “Demandamos unha resposta inmediata por parte da dirección e que se sente a negociar para atender ás demandas dos traballadores”. Os delegados da CIG non saben canto durará o peche e están á espera de recibir algunha noticia desde a dirección. Entre mentres, queren que a opinión pública coñeza a lamentábel situación na que se atopa o correo rural en Galiza, e as penurias que soportan os compañeiros que aportan vehículo. Ademais, xa adiantaron que se desde Correos non se reacciona, volverán á folga os días 28 e 29 de novembro e os días 2, 3, 4, 5, y 7 de xaneiro de 2006. Tampouco non descartan "endurecer" as medidas se a empresa mantén o seu mutismo. |
||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 17/11/2005 |
||||||||||||
|