ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 30 de novembro de 2005

Levántase o peche na Oficina Principal de Correos de Santiago
Rematan os dous días de folga de carteiros rurais pero non as mobilizacións

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Concentración en Correos tras 16 días de peche
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'42'', espazo en disco: 24.447.284 bytes [23,3 Mb]). Realización: César Caramés.
 
Un 80% dos carteiros rurais secundaron a folga convocada pola CIG, os días 28 e 29 de novembro, en demanda de melloras nas súas condicións sociolaborais. Na segunda xornada de folga, os carteiros sumáronse á concentración que tivo lugar diante da Oficina Principal de Compostela. Unha concentración coa que se poñía fin a 16 días de peche.

As dúas xornadas de folga convocadas pola CIG, secundadas polo 80% dos carteiros rurais, remataban co anuncio de novas mobilizacións e accións dirixidas a presionar á dirección de Correos para que dea solución ás demandas dos traballadores. O propio Xosé Blanco, secretario nacional de CIG-Correos, na súa intervención ao remate da concentración resumía esas demandas en “igualdade de condicións dos traballadores do rural co resto dos traballadores de Correos”.

E é que esa igualdade non existe, non canto a condicións económicas nin canto a prestacións de servizo por parte dos usuarios das zonas rurais, que só reciben a correspondencia tres días á semana.

Os carteiros rurais denuncian que os incrementos do custo dos carburantes, seguros e mantemento de vehículos non estivo compensada cunha actualización dos suplidos que a empresa abona aos seus traballadores, o que supón para os traballadores afectados unha merma do seu poder adquisitivo que vai do 10% ao 20% en función dos quilómetros que teñan que percorrer en cada zona de reparto. En Galiza, esta situación afecta a preto de 1.200 traballadores.

Entre as próximas actuacións a levar a cabo, Blanco anunciou o envío da mesma carta que se remitiu ao presidente de Correos e Telégrafos aos grupos parlamentarios, tanto do Parlamento de Galiza como do Congreso dos Deputados. Ademais, lembrou que están convocadas novas xornadas de folga para os días 2, 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2006.

 
 
Informacións relacionadas
25/11/2005 Concentración o martes 29 ás 12 diante da administración de Santiago
Folga no correo rural os días 28 e 29 de novembro
22/11/2005 A empresa non amosou interese algún por sentarse a negociar
Os traballadores pechados na Oficina Principal de Correos de Santiago denuncian presións da dirección
16/11/2005 Concentración de delegados da CIG diante da Oficina Principal de Correos en apoio aos carteiros pechados
15/11/2005 Peche de delegados/as de Correos da CIG na Oficina Principal de Santiago
01/11/2005 Na comarca de Santiago chegou ao 93%
Ampla repercusión da folga de Correos convocada pola CIG coa participación dun 87% dos carteiros rurais
30/10/2005 Convocada folga en Correos para o día 31 de outubro
13/10/2005 Será a primeira dun calendario de mobilizacións que a CIG convoca en solitario cos traballadores
Folga en Correos de carteiros rurais o 31 de outubro
19/09/2005 Comezarían folgas de varios días a partir de outubro se non se actualizan os suplidos por aportación de vehículos
CIG-Correos anuncia mobilizacións se non se atenden as súas demandas
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/11/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta