ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 16 de novembro de 2005

Campaña contra os accidentes de traballo mortais
Xornada técnica “A protección no traballo e o emprego de calidade”

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  A protección no traballo e o emprego de calidade, clic para aumentar
A protección no traballo e o emprego de calidade, clic para aumentar
Con estas xornadas, alén de dar formación e información sobre un problema cada vez máis grave aos representantes da CIG nas distintas empresas do país, tamén se analizaron as propostas que defenderá a CIG nas mesas de negociación a constituír, logo de terse asinado a Declaración Institucional polo Diálogo Social. (Fotos: ©galizacig.com 15/11/2005).
 
O martes día 15 de novembro tiña lugar en Compostela unha Xornada Técnica sobre protección no traballo e emprego de calidade, organizada polo Gabinete de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega, na que participaron arredor de 500 delegadas e delegados.

Con estas xornadas, alén de dar formación e información sobre un problema cada vez máis grave aos representantes da CIG nas distintas empresas do país, tamén se analizaron as propostas que defenderá a CIG nas mesas de negociación a constituír, logo de terse asinado a Declaración Institucional polo Diálogo Social.

As mortes no traballo en Galiza son unha lacra insoportábel contra a que temos que loitar desde todas as frontes. As condicións nas que se traballa, as xornadas excesivas, os destaxos, a eventualidade, a precariedade laboral no seu conxunto, a desregulación que provocou a “reforma laboral continua” son de tal dimensión que están empobrecendo á clase traballadora galega.

Parece que as únicas receitas que poñen en práctica os empresarios para mellorar a produtividade son baixar os salarios e ampliar a xornada laboral, e seguir presionando para precarizar aínda máis o mercado do traballo. Mentres, por exemplo, as grandes construtoras incrementan os seus beneficios dunha maneira absolutamente irracional, participando e intervindo na economía global con movementos de capital no setor servizos, nas eléctricas, etc. Parte deste capital é a conta de mortes inxustas, accidentes sen fin e o empobrecemento de familias enteiras que teñen que deixar de traballar en idades temperás pola súa situación de incapacidade permanente.

Estamos moi lonxe de formar parte dunha sociedade moderna e democrática, porque un dos indicadores máis representativos é a sinistralidade laboral. Unha ollada comparativa…

No conxunto do Estado e ano tras ano seguimos á cabeza do índice de incidencia dos accidentes de traballo mortais…

Accidentes de traballo mortais e índices de incidencia, 2003-2004
Comunidade
autónoma

Accidentes mortais

Ídice incidencia

2003

2004

2003

2004

Cantabria

23

21

14,43

12,71

Galiza

94

87

12,33

11,06

Aragón

32

44

8,05

10,65

Castela León

47

73

13,66

10,41

Asturias

33

25

11,23

8,36

Murcia

33

35

8,15

8,29

Castela A Mancha

65

39

6,94

7,68

País Vasco

68

53

9,83

7,48

Andalucía

164

150

7,17

6,26

A Rioxa

2

6

2,13

6,10

Cataluña

151

151

6,15

5,97

Canarias

33

36

5,46

5,81

Baleares

9

18

2,90

5,62

Madrid

113

121

5,22

5,39

Valencia

119

74

8,53

5,08

Estremadura

24

13

8,15

4,32

Navarra

20

9

10,38

4,27

Se estamos lonxe cando menos de soportar unha situación media no estado español, si votamos unha ollada a calquera estado membro da Unión Europea, as diferenzas son impresionantes. Velaí a situación en Alemaña, segundo datos da Federación de Mutuas de Accidentes de Traballo:

 

Poboación asalariada

Accidentes
mortais

Índice de
incidencia

2003
Alemaña

29.664.709

735

2,47

Estado español

13.596.800

1.033

7,59

Galiza

762.193

94

12,33

2004
Alemaña

30.051.679

645

2,17

Estado español

14.177.845

955

6,74

Galiza

786.762

87

11,60

Por sectores, o caso da Construción en Galiza merece comentario aparte toda vez que estudando as causas dos 273 accidentes mortais que sucederon entre os anos 1992 e 2003, 144 ou sexa o 53% debéronse a caídas de altura e relacionados coa non utilización de equipos de protección ou a mala utilización de equipos de traballo, a pesares de contar con normativa específica e con equipos modernos e fiables e onde nos últimos anos producíronse avances tecnolóxicos importantes.

E os accidentes van en aumento…

Na construción, o 75% dos accidentes están vinculados ao equipo de traballo.

Accidentes mortais na construción en Galiza, 1992–2003
Forma do accidente

Número

Porcentaxe

Caídas de altura

144

53%

Atrapamentos

85

31%

Electrocución

23

8%

Outros

21

8%

A 31 de outubro deste mesmo ano, xa levamos contabilizados 82 accidentes mortais, e 819 graves cun incremento de accidentes practicamente en todos os sectores cunha redución do sector do mar toda vez que os índices de sinistralidade nese sector xa sería difícil de superar.

Accidentes de traballo en Galiza, de xaneiro 2004 a outubro 2005
 

Leves

Graves

Mortais

Totais

2004

2005

% var

2004

2005

% var

2004

2005

% var

2004

2005

% var

Agricultura

1177

1188

0,93

115

92

-20,00

4

1

-75,00

1296

1281

-1,16

Mar

1653

1477

-10,65

95

77

-18,95

22

13

-40,91

1770

1567

-11,47

Industria

12612

12756

1,14

199

210

5,53

12

22

83,33

12823

12988

1,29

Construción

9876

10329

4,59

264

226

-14,39

13

19

46,15

10153

10574

4,15

Servizos

13082

13515

3,31

250

214

-14,40

24

27

12,50

13356

13756

2,99

Total

38400

39265

2,25

923

819

-11,27

75

82

9,33

39398

40166

1,95

Coa mirada posta nestas gráficas dende a CIG presentamos diante dunha representación dos Delegados e Delegadas de Prevención e distintos responsables da política de acción sindical da nosa organización unha serie de propostas e medidas para elevalas ao Goberno de Galicia para a súa consideración.


Propostas e medidas fronte á sinistralidade laboral

IGASEL, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

  • Organismo autónomo de carácter técnico-administrativo
  • Con personalidade xurídica
  • Con orzamento propio
  • Asumindo todas as competencias que en materia de seguridade e saúde laboral teñen as Consellerías de: Traballo, Medio Ambiente, Sanidade e Innovación e Industria.

Un IGASEL para:

  • Seguimento das actuacións preventivas que se realicen nas empresas, especialmente nas PEMES.
  • Elaborar e propoñer ao Goberno galego plans e programas de actuación.
  • Analizar e investigar as causas dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais, propoñendo medidas correctoras.
  • Coñecer, tratar e elaborar as informacións e datos estatísticos derivados das condicións de traballo, para a súa avaliación, análise e confección de estatísticas e divulgación das mesmas.
  • Establecer un sistema de vixilancia epidemiolóxica responsábel de investigar as enfermidades derivadas do traballo.
  • Elaborar mapas de riscos laborais, detallando necesidades e limitacións que existan nos ámbitos territoriais e sectoriais.
  • Programar e desenvolver controis xerais e sectoriais que permitan o seguimento das actuacións preventivas que se realizan nas empresas e nas administracións públicas, prestando ás empresas e aos representantes dos traballadores e traballadoras o asesoramento necesario.
  • Prestar asistencia e asesoramento técnico aos traballadores e traballadoras, aos sindicatos, ás empresas e as administracións públicas.
  • Prestar a colaboración pericial e asesoramento técnico á Inspección de Traballo e autoridades xudiciais.
  • Tramitar a acreditación e controlar á actuación dos servizos de prevención, auditorías e entidades formativas.
  • Establecer colaboración permanente coa Universidade Galega e os centros de F.P.

A historia clínico laboral única

  • Que acompañe ao traballador/a durante toda a vida laboral, e que sirva para o control das súas enfermidades derivadas do traballo incluso mais alá da súa relación laboral.
  • Creación dun sistema de información sanitaria recuperando os milleiros de historias clínicas esquecidas nas empresas, nas Mutuas, nos Centros Provinciais da Consellería de Traballo, etc.

Centro clínico de referencia

  • Para a investigación, estudio e tratamento das enfermidades derivadas do traballo.
  • Para asesorar á Seguridade Social, aos servizos de prevención e demais axentes implicados.
  • En colaboración có Ministerio de sanidade, o I.N.S.H.T., Escola de Medicina do Traballo.
  • Que integre a Unidade de Neumoloxía do C.H. A. Marcide de Ferrol que na actualidade trata aos traballadores diagnosticados de asbestose.

Posta en marcha do R.D. 689/2005

  • Que regula a actuación dos técnicos dos Centros Provinciais de Seguridade e Saúde laboral habilitados en materia de prevención de riscos laborais.
  • Que permite a entrada libre e sen previo aviso nas empresas e centros de traballo.
  • Que os autoriza a ser acompañados polos peritos ou técnicos da empresa.
  • Que os habilita para practicar calquera comprobación, exame, medición ou proba que consideren necesaria.
  • Para recabar información adicional ou documental.
  • Obter información do empresario ou do persoal da empresa.
  • Para exixir a comparecencia do empresario, dos seus representantes e encargados, dos traballadores e traballadoras ou dos seus representantes, así como para exixir no seu caso a identificación e acreditación da representación coa que actúan.
  • Para examinar o centro de traballo ou oficina pública, a súa documentación, memorias e informas técnicos sobre a organización preventiva, plano de prevención, avaliación dos riscos e demais cuestións relacionadas coa xestión da prevención.
  • Para sacar mostras de sustancias, axentes e materiais utilizados ou manipulados, obter fotografías, vídeos, levantar croquis e planos, copias de documentos, etc.

Fiscais especializados

Desenvolvemento e posta en marcha do Convenio de Colaboración asinado en abril do 2005 entre a Xunta de Galicia e a Fiscalía Xeral do Estado para a especialización de fiscais con destino en Galiza, en materia de seguridade e saúde laboral.

  • Para conseguir un maior nivel de eficacia na actuación e xestión da acusación pública nos delitos contra a saúde dos traballadores e traballadoras.
  • Para conseguir un maior grao de eficacia na represión e prevención de delitos contra a seguridade dos traballadores e traballadoras.

Actuación nos polígonos industriais

  • Instar ao Sepes a ao Goberno de Galiza que inclúa nos proxectos de solo industrial a obriga dunha estrutura preventiva a desenvolver por e entre as empresas participantes.
  • Fomentar mesas de traballo coas empresas que integran aos actuais polígonos industriais para a creación e posta en marcha de servizos de prevención mancomunados.

A Inspección de Traballo

  • Que se doten dunha vez por todas dos medios humanos, ferramentas e servizos que necesiten para adaptarse á realidade produtiva galega.
  • Que aborden un plano de formación que permita a especialización do cadro de persoal, por sectores produtivos.
  • Que revisen a súa maneira de interpretar a Lei de Infraccións e Sancións, porque a súa práctica non axuda a castigar coa contundencia que se necesita, aos empresarios infractores.
  • Instar ao Goberno Galego que asuma as competencias da Inspección de Traballo.

Durante o ano 2004 a Inspección de Traballo realizou en Galiza 23.174 actuacións e propuxo sancións por valor de 5.286.547 €.

Nese mesmo período morreron 87 traballadores e 1.083 padeceron accidente grave.


A pesares do tempo transcorrido, 23 anos, dende que en 1982 foran transferidas as competencias en materia de seguridade e saúde laboral, e 10 anos despois da Lei de Prevención de Riscos Laborais, aínda temos que construír pais, promovendo estruturas estables, instando aos poderes públicos, aos fiscais, aos xuíces, aos inspectores de traballo a que redobren os seus esforzos na persecución desta nova forma de delincuencia e de terrorismo que practican con certa impunidade os responsables da morte no traballo.

 
 
Informacións relacionadas
08/11/2005 Campaña contra os accidentes de traballo mortais
Pola protección no traballo e o emprego de calidade
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/11/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta