ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 2 de decembro de 2005

A CIG entra no Comité de empresa de BOSCH en Vigo cun 41% dos votos
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  En Bosch sindicalismo galego, clic para aumentar
Como dato relevante sinalar que un 60% dos traballadores/as que compoñen o cadro de persoal desta empresa de telemárketing non tiña dereito a voto, xa que teñen contratos de posta a disposición vía Empresas de Traballo Temporal.
 
O día 30 de novembro celebráronse as eleccións sindicais por ampliación do Comité na empresa de telemárketing Bosch Security Systems en Vigo, nas que a CIG consegue ser a segunda forza, a só un voto de CCOO que ata este momento era sindicato único.

Nas eleccións sindicais desta empresa do sector de telemárketing, a maior deste sector en Vigo, a CIG consegue entrar por primeira vez no Comité de Empresa. Ata hoxe o único sindicato con presenza neste órgano de representación era CCOO; desta volta o persoal tivo tres opcións, CIG, UGT e CCOO.

O resultado da votación foi o seguinte:

 

Votos

Delegadas

Representatividade

CIG

57

1

41,0 %

CCOO

58

2

41,7 %

UGT

24

1

17,3 %

Se estas eleccións foran totais en lugar de parciais, con estas votacións o resultado sería de 4 representantes para a CIG, 4 para CCOO e 1 para UGT.

Semella claro pois que o comité actual con maioría absoluta de CCOO non conta co apoio dos traballadores/as, que rexeitan a súa inactividade ao longo do ano e medio que leva constituído.

Como dato relevante sinalar que un 60% dos traballadores/as que compoñen o cadro de persoal desta empresa de telemárketing non tiña dereito a voto, xa que teñen contratos de posta a disposición vía Empresas de Traballo Temporal.


Vigo, 1 de decembro de 2005.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/12/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta