ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 16 de decembro de 2005

CIG e SLG defenden na rúa os sectores produtivos galegos fronte ás medidas que pretende a OMC
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Non á OMC, clic para aumentar
Non á OMC, clic para aumentar
Non á OMC, clic para aumentar
Traballadores e labregos percorreron as rúas de Compostela na mañá do 15 de decembro convocados pola CIG e o SLG, para manifestar a súa oposición ás medidas neoliberais que se están a debater, esta semana, no cumio da OMC en Hong Kong. (Fotos: ©Paula Castro 15/12/2005).
Non á OMC, clic para aumentar
Non á OMC, clic para aumentar
 
Traballadores e labregos percorreron as rúas de Compostela na mañá do 15 de decembro convocados pola CIG e o SLG, para manifestar a súa oposición ás medidas neoliberais que se están a debater, esta semana, no cumio da OMC en Hong Kong.

Nas súas intervencións tanto Suso Seixo, secretario xeral da CIG, como Lidia Senra, secretaria xeral do SLG, insistiron nas importantes repercusións que terán estas negociacións para os traballadores e labregos galegos.

Neste sentido, o secretario xeral da CIG sinalou que a OMC, xunto co FMI e o BM “son instrumentos ao servizo do capital transnacional e non instrumentos ao servizo dos intereses e do desenvolvemento económico e social dos pobos”.

Seixo advertiu ademais, que nestas negociacións, tras do chamamento á levantar os aranceis, o que se está tratando, en realidade, é de legalizar a “penetración nos mercados internos dos países menos desenvolvidos”.

Para o secretario xeral da CIG estas medidas afectan á nosa economía até o punto de obrigar a pechar a moitas das empresas do noso país e moitas explotacións agrarias que non son rendíbeis, e poñen en risco os nosos dereitos laborais e sociais.


Competencias e soberanía para loitar contra o neoliberalismo

Para podérmonos enfrontar ás políticas da OMC, Suso Seixo considera que é imprescindíbel que Galiza conte cos mecanismos políticos necesarios para adoptar medidas que “se cadra non son do gusto do capital transnacional, medidas proteccionistas dirixidas a garantir o noso futuro e o desenvolvemento dos nosos sectores produtivos”.

Así, Seixo fixo un chamamento a exixir, agora que se está iniciando o debate para a reforma do Estatuto de Autonomía, “competencias en todos os ordes para que podamos os galegos e galegas, soberanamente, decidir sobre o noso futuro”.

Suso Seixo lembrou ademais que a CIG xa advertira, cando se debateu a Constitución Europea sobre as graves repercusións das políticas neoliberais que consagraba, de privatización de servizos públicos e de penetración das transnacionais nos sectores produtivos básicos do noso país. Políticas ás que se pretendía dar un marco legal con este texto.


Produtos galegos fronte a produtos das transnacionais

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra, tamén incidiu nas graves repercusións que xa tiveron e terán as decisións que se tomen no cumio da OMC de Hong Kong. Ao seu entender, trátase de artellar os mecanismos para impor aos países máis pobres do mundo as regras das transnacionais. “Regras que non van afectar só aos países máis pobres do mundo, senón tamén a nós”.

Non á OMC, clic para aumentar  
Non á OMC, clic para aumentar
Non á OMC, clic para aumentar
Non á OMC, clic para aumentar
Non á OMC, clic para aumentar
A grande batalla está en acadar o recoñecemento dos pobos á soberanía alimentaria. O pobo galego ten que ter a capacidade para decidir que política agraria quere e que quere comer. (Fotos: ©Paula Castro 15/12/2005).
A secretaria xeral do SLG advertiu que as decisións que se tomen danarán a todos os labregos e labregas do mundo. Para demostralo, denunciou que desde o ano 90 até hoxe, en Galiza, xa desapareceron máis de 80.000 explotacións de leite, outras tantas de vacún de carne e nun ritmo semellante viñedo ou patacas de horta.


Soberanía alimentaria

A grande batalla do SLG está en acadar o recoñecemento dos pobos á soberanía alimentaria. “O pobo galego ten que ter a capacidade para decidir que política agraria quere e que quere comer”, afirmou, engadindo que “non queremos que nos seduzan con esa comida lixo que nos ofrecen todos os días nos supermercados, que son das mesmas transnacionais que nos queren arruinar”.


“Non compremos nos hipermercados”

Así, fixo un chamamento a comprar nos mercados locais e non nos hipermercados, para colaborar cos labregos e labregas e comer produtos galegos “de moita maior calidade e que aportará riqueza no país e non nas arcas das transnacionais”.

Senra demandou prezos dignos que cubran os custos e o traballo de produción e advertiu que “se abrimos os mercados europeos, os mercados dos países ricos ás transnacionais, ao comercio, aos produtos agrícolas dos países pobres, estes non van saír da miseria”.

Pola contra, ao seu entender, o que se pretende con esta medida é que abramos as fronteiras para que as empresas europeas e estadounidenses vaian producir de forma industrial aos países do Sur, porque as súas normas de produción son diferentes e porque os salarios “son de miseria”, para poder seguir vendendo aquí co mesmo prezo.


Chamamento ao goberno español a presionar á UE

A secretaria xeral do SLG tamén demandou do goberno español que presione á UE para que “a agricultura, a alimentación e os servizos públicos saian das negociacións da OMC”. Cuestións “básicas para a cidadanía”, que ao seu entender non poden servir aos intereses das grandes transnacionais. “Non se poden antepor os seus intereses aos dereitos humanos: á alimentación, ao traballo, á saúde ou ao ensino”.

Lidia Senra, secretaria xeral do SLG, advertiu que as decisións que se tomen danarán a todos os labregos e labregas do mundo. Para demostralo, denunciou que desde o ano 90 até hoxe, en Galiza, xa desapareceron máis de 80.000 explotacións de leite, outras tantas de vacún de carne e nun ritmo semellante viñedo ou patacas de horta. Non á OMC, clic para aumentar
Suso Seixo, secretario xeral da CIG, sinalou que a OMC, xunto co FMI e o BM “son instrumentos ao servizo do capital transnacional e non instrumentos ao servizo dos intereses e do desenvolvemento económico e social dos pobos”. Non á OMC, clic para aumentar
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 10'12'', espazo en disco: 27.394.692 bytes [26,1 Mb]). Realización: César Caramés. CIG e SLG en Santiago contra a OMC
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/12/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta