ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 20 de decembro de 2005

Concentracións contra a LOE nas sete cidades galegas
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Entrevista a Anxo Louzao
Descarga o vídeo-entrevista con Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'43'', espazo en disco: 20.517.488 bytes [19,5 Mb]). Realización: César Caramés.
 
Con sete concentracións nas sete cidades galegas, CIG-Ensino, AS-PG e CAE manifestaron a súa oposición á LOE, o pasado 15 de decembro, coincidindo co debate e aprobación da mesma no Congreso dos Deputados. As organizacións convocantes congregaron aos sectores afectados baixo o lema “Por outra Lei de Educación”.


Manifesto
Por outra Lei de Educación,
ensino privado galego, laico e gratuíto

A Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino), a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e os Comités Abertos de Estudantes (CAE), diante do proxecto de Lei Orgánica de Educación manifestan:

1. Constatamos como a Comisión de Educación do Parlamento empeora aínda máis o proxecto da LOE, entre outras cuestións, por obrigar ás diferentes administracións educativas a concertar o segundo ciclo de Educación Infantil, por incrementa as ratios estabelecidas nun 10%, por reducir a capacidade do goberno galego para fixar os currículos escolares, por ampliar as prerrogativas das direccións en detrimento dos órganos colexiados, etc.

2. Preocúpanos que a nova Lei continúe cunha concepción centralista do Estado, que inviabiliza que Galiza teña un sistema educativo propio, planificado en función das nosas necesidades e potenciador da nosa propia realidade. Reafirmámonos na necesidade de que a futura Lei recoñeza a configuración plurinacional e pluricultural do Estado español.

3. Preocúpanos que a nova Lei non asuma a defensa inequívoca do ensino público. Rexeitamos que o proxecto de Lei confirme e amplíe a privatización da educación a todos os niveis educativos. Consolida definitivamente a dobre rede de cetros, públicos e privados concertados, mediante concertos educativos desde a Educación Infantil até a Formación Profesional, mentres a educación pública sofre diferentes carencias e necesidades e non garante a gratuidade e unha ensinanza de calidade para todos e todas.

4. Reclamamos un financiamento suficiente para a educación que, mediante unha lei de financiamento, asuma a débeda histórica que o Estado ten contraída con Galiza e que, ao mesmo tempo facilite os recursos necesarios para minimizar o fracaso escolar, estender os servizos complementarios a todos os centros e dotar de profesorado suficiente e outros especialistas a todos os centros.

5. Consideramos esencial a democratización da escola. O proxecto de Lei reafírmase na designación das direccións mediante concurso de méritos en lugar de apostar pola verdadeira xestión democrática dos centros, que pasa por facilitar a maior participación posíbel dos sectores directamente implicados e na elección democrática de todos os órganos de dirección.

6. Reclamamos o recoñecemento da importancia do traballo docente. O proxecto de Lei burocratiza e estratifica máis o profesorado, non se melloran as súas retribucións, non se recoñece o dereito á negociación colectiva, non se facilita a estabilidade nin o acceso á función pública docente ao profesorado interino, non defende que a formación inicial de todo o profesorado sexa equivalente a licenciatura e non permite a formación permanente dentro do horario lectivo.

7. Lamentamos que o proxecto de Lei non recolle medidas tendentes e imprescindíbeis para que todo o alumnado poida acadar os obxectivos previstos, como son a obrigatoriedade do 2º ciclo de Educación Infantil, a redución das ratios, o reforzo da titoría, os desdobres de diferentes materias, a ampliación dos cadros de persoal para un ensino personalizado e a atención á diversidade.

8. Reafirmámonos na necesidade dun ensino laico. Por iso, a relixión non pode formar parte do currículo escolar, para evitar o adoutrinamento relixioso nos centros escolares.

En definitiva, é necesaria outra Lei de Educación que respecte a composición plurinacional do Estado e garanta un ensino público de calidade, galego, laico e gratuíto.


Santiago, decembro de 2005.

 
 
Informacións relacionadas
13/12/2005 O xoves 15 ás 18:30 nas 7 cidades galegas
CIG-Ensino, AS-PG e CAE convocan concentracións “Por outra Lei de Educación”
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/12/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta