ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 26 de decembro de 2005

Rafa Iglesias ratificado como secretario comarcal da CIG de Pontevedra
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  IV Asemblea Comarcal Pontevedra, clic para aumentar
A nova Executiva Comarcal quedou conformada por: Rafael Iglesias García, Rosa Abuín Rodríguez, Delmiro Durán Garrido, Soedade Fernández Silva, Luís Carballo Espiña e Manuela Novoa Pérez.
IV Asemblea Comarcal Pontevedra, clic para aumentar
IV Asemblea Comarcal Pontevedra, clic para aumentar
IV Asemblea Comarcal Pontevedra, clic para aumentar
O IV Congreso da CIG de Pontevedra, celebrado o pasado sábado 17 de decembro, reelixiu a Rafa Iglesias como secretario comarcal, con 118 votos a favor e 1 abstención.
IV Asemblea Comarcal Pontevedra, clic para aumentar
A CIG, na Comarca de Pontevedra ten medrado nos últimos catro anos en representación sindical en practicamente un 50%. Malia ese espectacular incremento, Rafa Iglesias afirmaba, na súa intervención de clausura, que “temos que ser ambiciosos” e fixábase como obxectivo no seguinte proceso situar á central sindical nunha representación do 32%. (Fotos: ©galizacig.com 17/12/2005).
Pontevedra reelixe a Rafa Iglesias
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'51'', espazo en disco: 35.448.042 bytes [33,8 Mb]). Realización: César Caramés.
 
O IV Congreso da CIG de Pontevedra, celebrado o pasado sábado 17 de decembro, reelixiu a Rafa Iglesias como secretario comarcal, con 118 votos a favor e 1 abstención. Na súa intervención de clausura, Iglesias fixou como obxectivos da central na Comarca de Pontevedra incrementar a representación sindical e a afiliación e mellorar a coordinación para reforzar a negociación colectiva e a acción sindical.

A CIG, na Comarca de Pontevedra ten medrado nos últimos catro anos en representación sindical en practicamente un 50%. Malia ese espectacular incremento, Rafa Iglesias afirmaba, na súa intervención de clausura, que “temos que ser ambiciosos” e fixábase como obxectivo no seguinte proceso situar á central sindical nunha representación do 32%. E isto, tendo en conta que “en algunhas federacións xa estamos ao límite, porque hai empresas onde se son tres os delegados, témolos todos”.

Para conseguir ese incremento nas eleccións sindicais, o informe de xestión, que foi aprobado con 111 votos a favor e 9 abstencións, apunta medidas concretas a adoptar como:

• Facer seguimento de todo o proceso das eleccións.

• Preparar listados por empresa, sector e comarca dos delegados e delegadas con mandato vixente e os que xa decaeron.

• Facer listados da comarca cruzando os datos que temos de eleccións sindicais feitas nos anos anteriores, afiliación da CIG e empresas de alta na Seguridade Social.

• Preparar equipos que empecen desde xa a preparar o proceso electoral e a facer eleccións, buscando a máxima cooperación, para este labor, dos liberados e liberadas institucionais, de gran empresa e por acumulación de horas.

• Facer unha valoración sobre aqueles sectores nos que interesa facer un esforzo especial (polas propias características do sector, porque podemos ter a maioría absoluta dos delegados e delegadas na negociación do convenio...

• Aproveitar a negociación colectiva, campañas polo emprego e preparación dos plans de agrupación continua para achegarse aos centros de traballo, constituír as seccións sindicais e preparar as candidaturas ás eleccións.


Negociación colectiva

Ese incremento en representación ten que ir acompañado, para o secretario comarcal de Pontevedra, dunha maior fluidez nos procesos de negociación colectiva. Neste sentido, Iglesias explicaba aos delegados asistentes ao Congreso que é necesario superar “unha certa descoordinación” que existe con algunhas federacións da Comarca de Vigo, onde se negocian unha parte importante dos convenios de carácter provincial para “ter a información necesaria, transmitirlla aos afiliados e afiliadas e desenvolver mellor a nosa acción sindical nas distintas empresas”.

A respecto da negociación colectiva, no informe da executiva saínte xa se asume o compromiso de incrementar a implicación na negociación dos convenios por parte das diferentes estruturas comarcais “cunha participación activa nas mesas de negociación, unha actividade sindical continua durante a elaboración do anteproxecto, divulgación de información durante a negociación, e posterior avaliación dos resultados acadados”.


Organización

Outro dos obxectivos fixados por Rafa Iglesias na súa intervención, é o de reforzar a organización, “un traballo menos lucido pero que a nivel práctico permite obter mellores resultados na relación tanto coa afiliación como cos delegados e delagadas sindicais”.

Para iso, a nova executiva asumiu o compromiso de crear o Secretariado Comarcal, formado pola Executiva e os secretarios comarcais das Federacións, como órgano de debate e posta en común do traballo comarcal, ademais de dinamizar as diferentes estruturas federativas e optimizar o traballo do persoal a cargo da central, para unha maior rendibilidade e eficacia.

Xunto a isto e aínda que a Executiva Comarcal funciona regularmente, sublíñase a necesidade de mellorala dotándoa dunha maior estabilidade e maior periodicidade nas xuntas.


Executiva Comarcal

A candidatura á Executiva Comarcal foi elixida por 118 votos a favor, ningún en branco e ningunha abstención, quedando conformada por:

Rafael Iglesias García,
Rosa Abuín Rodríguez,
Delmiro Durán Garrido,
Soedade Fernández Silva,
Luís Carballo Espiña,
Manuela Novoa Pérez.


Consello Confederal

A candidatura ao Consello Confederal foi ratificada con 119 votos a favor, ningunha abstención e ningún voto en branco.

Diste xeito, representarán á Comarca de Pontevedra no Consello Confederal da CIG:

Rafael Iglesias García,
Delmiro Durán Garrido,
Manuela Novoa Pérez,
Marcos Conde Farto,
Antón Álvarez Merallo.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/12/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta