|
Actualidade / Opinión Rafa Villar-
2006 dá a benvida cunha orde económica e social dramaticamente inxusta, e un imperio disposto a defendela por defender privilexios de clase. Mais tamén, coa resistencia de millares e millares de pobos e de xentes, dispostos a esnaquizar esa orde inxusta e a estabelecer os peares dunha nova arquitectura económica e social para o planeta. Se cadra, na procura de instaurar o “socialismo do século XXI”, porque no fondo aquel repetido berro de Rosa Luxemburgo “socialismo ou barbarie” non hai día que non cobre plena vixencia. Para Galiza, esta vella e agochada nación da extrema Europa, 2006 debería sinalar que o cambio foi posíbel, que a mudanza política que se deu no país vai máis alá dunha simple alternancia de goberno para se converter en algo máis: o inexorábel camiño da Galiza do porvir, a do autogoberno e a soberanía. O novo Estatuto só pode ser iso ou non será. Para nós. Porque é tempo de poñermos proa cara ao futuro. A cousa é que a historia, inexorábel, segue o seu rumbo.
|
||||||||
|
||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/12/2005 |
||||||||
|