Actualidade / Opinión Volver


Santiago, 23 de decembro de 2005

DESDE O VENTRE DA BALEA
Evo de Bolivia

 

Rafa Villar-

CIG-Normalización Lingüística


Todo parece indicar que Bolivia vai entrar xa a formar parte dese “Eixo da Dignidade” latinoamericano, ao carón de países como Venezuela, Cuba, Uruguai, Arxentina ou o propio Brasil. Países estes que, aínda vivindo procesos político-sociais tan diferentes, apuntan novos modelos, máis alá das claves neoliberais e desencallando dos controis do (neo)imperalismo norteamericano.



  Campesinos mitin MAS, clic para aumentar
Este triunfo nas urnas estivo precedido de anos e anos de intensas loitas sociais e populares, na defensa de servizos públicos esencias e estratéxicos (a auga, o gas...), loitas nas que o xa presidente de facto, Evo Morales -importante líder campesiño-, tivo sempre un papel destacado, feito que provocou que máis dunha vez dese cos seus ósos no cárcere.
 
A inapelábel e esmagadora vitoria electoral de Evo Morales e o Movemento ao Socialismo (MAS) nas recentes eleccións bolivianas, co 51% dos votos emitidos, aínda que anunciada, é unha excelente nova que expresa as arelas de cambio profundo nos pobos e nacións de América Latina. Pobos e nacións nos que as últimas décadas de políticas neoliberais non fixeron máis que ensanchar as feridas da pobreza e a desigualdade para amplísimas capas da poboación, xa depauperadas historicamente.

Este triunfo nas urnas estivo precedido de anos e anos de intensas loitas sociais e populares, na defensa de servizos públicos esencias e estratéxicos (a auga, o gas...), loitas nas que o xa presidente de facto, Evo Morales -importante líder campesiño-, tivo sempre un papel destacado, feito que provocou que máis dunha vez dese cos seus ósos no cárcere.

Bolivia é hoxe un país empobrecido, cuns índices de depauperación social dos máis altos da súa contorna, mercé a séculos de saqueo e explotación. Evo Morales e o MAS van ter que se empregar a fondo para combater isto e poder elevar sensibelmente os niveis de vida de boa parte do pobo boliviano, pobo soterrado nunha batalla diaria pola supervivencia e sometido ao xugo das multinacionais que controlan a práctica totalidade da economía deste país andino.

As primeiras declaracións públicas de Evo Morales non deixan lugar a dúbidas, e sinalan un camiño de enfrontamento ás prácticas neoliberais desde o novo Goberno boliviano. Así, todo parece indicar que Bolivia vai entrar xa a formar parte dese “Eixo da Dignidade” latinoamericano, ao carón de países como Venezuela, Cuba, Uruguai, Arxentina ou o propio Brasil. Países estes que, aínda vivindo procesos político-sociais tan diferentes, apuntan novos modelos, máis alá das claves neoliberais e desencallando dos controis do (neo)imperalismo norteamericano, imperalismo que ten en acordos económicos como o ALCA (Acordo de Libre Comercio das Américas) se cadra a súa arma máis poderosa para manter a influencia na rexión.

Ante o fascinante proceso que se abre en Bolivia, pódese supor que nalgún ignoto lugar o sorriso do Che está a florecer unha vez máis.


Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2005.

 
 

Rafa Villar,
escritor e responsábel do Departamento de Normalización Lingüística da CIG.

  Rafa Villar
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 23/12/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta