Actualidade / Opinión Volver


Santiago, 2 de decembro de 2005

DESDE O VENTRE DA BALEA
Venezuela: a longa marcha dunha revolución posíbel

 

Rafa Villar-

CIG-Normalización Lingüística


Na ‘espantada’ electoral da minguante oposición venezolana é difícil non recoñecer as pegadas dunha estratexia dos sectores defensores do Antigo Réxime no país -conniventes co imperialismo norteamericano- dirixida a socavar como sexa a revolución bolivariana.



  Chávez, clic para aumentar
Esta estratexia desestabilizadora busca ademais minar a imaxe internacional do presidente venezolano, imaxe que día a día se agranda, sobre todo na propia rexión, xa que seguen aumentar os partidos e movementos sociais de Latinoamérica que ven na súa figura un auténtico líder político, capaz non só de enfrontar os designios imperiais senón tamén de ir erguendo unha nova arquitectura económica (social, política e cultural tamén) fronte á globalización neoliberal.
 
A retirada dos candidatos electorais dos partidos tradicionais venezolanos (con ‘Acción Democrática’ á cabeza) das eleccións lexislativas que se celebran este domingo 4 de decembro é unha vulgar manobra da oposición do país caribeño, que ten como fin a simple -e calculada- desestabilización do Goberno e do presidente Chávez, así como seguir poñendo no punto de mira do imperialismo norteamericano o proceso revolucionario venezolano.

É ben lembrar que as múltiples convocatorias electorais sucedidas en Venezuela desde que Chávez asumiu a presidencia, e que contaron mesmo con observadores internacionais, foron todas convocatorias que respectaron escrupulosamente a legalidade e, en certa maneira, resultaron modélicas, a diferenza doutros moitos países da contorna, como se está a ver estes días sen ir máis lonxe co que está a pasar nos comicios en Honduras. Así as cousas, a Misión de Observación Electoral da Organización de Estados Americanos (OEA) en Venezuela acaba de emitir opinión favorábel ás garantías legais da convocatoria electoral en curso. Polo tanto, non hai nada nas eleccións convocadas para o 4 de decembro que faga pensar en ningún tipo de fraude ou situación anómala, e disto son conscientes os dirixentes dos partidos opositores, que malia todo teiman na súa estratexia de desgaste do Goberno de Chávez.

Esta estratexia desestabilizadora busca ademais minar a imaxe internacional do presidente venezolano, imaxe que día a día se agranda, sobre todo na propia rexión, xa que seguen aumentar os partidos e movementos sociais de Latinoamérica que ven na súa figura un auténtico líder político, capaz non só de enfrontar os designios imperiais senón tamén de ir erguendo unha nova arquitectura económica (social, política e cultural tamén) fronte á globalización neoliberal. A súa procura do “socialismo do século XXI” é hoxe un devezo a compartir por amplas camadas do continente e constitúe unha especie de ‘tsunami’ político-social para a adurmiñada consciencia europea, que sempre se creu vangarda e exportadora de modelos para o cambio social.

  Marcha do 13 de abril de 2005, clic para aumentar
Que ninguén se engane no vello continente. Hoxe Venezuela é un auténtico laboratorio de iniciativas e de ideas para a transformación do mundo, desde o seu propio e consciente proceso transformador e revolucionario.
 
Que ninguén se engane no vello continente. Hoxe Venezuela é un auténtico laboratorio de iniciativas e de ideas para a transformación do mundo, desde o seu propio e consciente proceso transformador e revolucionario. Un proceso que está a ser seguido con lupa polos próceres do imperio, mais tamén por moitas nacións e pobos que buscan neste século que aínda comeza preservar con dignidade a súa soberanía e crebar a triste lóxica do capital, que os sume no desespero.

Na ‘espantada’ electoral da minguante oposición venezolana é difícil non recoñecer as pegadas dunha estratexia dos sectores defensores do Antigo Réxime no país -conniventes co imperialismo norteamericano-, dirixida a socavar como sexa a revolución bolivariana, polo que ten de mudanzas profundas nas estruturas do propio país e polo que poida ter de espello para todos os “condenados da terra”. Eses mesmos sectores foron os que levaron a cabo a intentona golpista de hai tres anos e os que alimentaron unha longuísima parada na produción petroleira, para derrubar a Chávez e esnaquizar o proceso de cambio posto en marcha en Venezuela.

Agardemos que as eleccións lexislativas do 4 de decembro, malia os intentos de sabotaxe política da oposición, reafirmen a vontade do pobo venezolano, e dos seus dirixentes, en afortalar o proceso revolucionario no país caribeño e a afondar en clave democrática na construción do “socialismo do século XXI”. Polo ben da humanidade.


Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2005.

 
 

Rafa Villar,
escritor e responsábel do Departamento de Normalización Lingüística da CIG.

  Rafa Villar
 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/12/2005
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta