|
Actualidade
Santiago, 20 de xaneiro de 2006
Na Praza do Concello, o venres 20 ás
20 horas
Concentración en Gondomar en solidariedade
con Domingos Solla e David Giráldez
| |
 |
| Domingos Solla e David Giráldez, concelleiros
nacionalistas, sufriron senllos atentados, nos que foron queimados coches da súa propiedade, que todo induce
a pensar están relacionados coas denuncias realizadas por eles en relación con temas urbanísticos. (Foto: Visita de Anxo Quintana en membros do BNG á
casa de Domingos Solla en Morgadáns, Gondomar, o 16 de xaneiro de 2006). |
| |
O venres 20 de xaneiro, ás 20 horas,
realizarase unha concentración na Praza do Concello de Gondomar en solidariedade co concelleiro do Bloque
Nacionalista Galego nese municipio e delegado da Confederación Intersindical Galega, Domingos Solla, e con
David Giráldez, concelleiro do BNG en Nigrán e afiliado á CIG. Esta mobilización está
convocada polo BNG e conta co apoio da Unión Comarcal da CIG de Vigo.
Estes dous concelleiros nacionalistas sufriron
senllos atentados, nos que foron queimados coches da súa propiedade, que todo induce a pensar están
relacionados coas denuncias realizadas por eles en relación con temas urbanísticos.
Dende a Confederación Intersindical Galega
esixen un pronto esclarecemento destes atentados, e asemade amosan a solidariedade de toda a central sindical con
Domingos Solla e David Giraldez, e coa súa organización política o BNG.
Acude á concentración na Praza do
Concello de Gondomar!!!
Venres día 20 ás 20 horas.
|