ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 5 de xaneiro de 2006

Demandan condicións salariais dignas e horarios racionais
Convocada folga de ambulancias para os días 18, 19 e 20 de xaneiro

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Ambulancias de servizo, clic para aumentar
Neste momento, os traballadores están realizando xornadas de garda de 12 e 24 horas continuadas, o que atenta contra a seguridade tanto dos traballadores como dos propios doentes. (Foto: Ambulacias de servizo na Avenida de Madrid, en Vigo. ©Fernando Pol).
 
O sector de ambulancias vén de convocar tres xornadas de folga para os días 18, 19 e 20 de xaneiro para presionar á patronal para que senten a negociar o convenio galego. Os traballadores demandan que remate a precariedade laboral que padecen, con salarios miserentos e xornadas maratonianas.

En febreiro de 2005 comezouse a negociar un convenio galego no sector das ambulancias. “A patronal bloqueouno sistematicamente, dicindo que eles son concesionarios públicos e que as concesións non lles dan cartos e que mentres a Administración non mellore as condicións eles non van soltar nin un euro”, explica Ernesto Rei, representante do sector de Transportes da FGAMT (CIG).

Para Rei, a xustificación argüida pola patronal é insostíbel porque son os empresarios do sector os que aceptan as condicións económicas ofertadas pola Administración e quen manteñen aos traballadores en condicións infames. “Métense nun negocio que saben que non lles dá cartos pero aínda así aceptan a cambio de pagar salarios indignos aos traballadores, para obter, porriba de todo beneficios. A Administración, en todo caso, ten responsabilidade inspectora”.

Partindo desa base solicitáronse reunións bipartitas coa Administración, pero esta non aceptou participar. Por iso, a principios de decembro comezáronse a planificar accións para presionar na Mesa.

Entre as medidas previstas están:

1. Solicitar o rescate das concesións, daquelas empresas que teñen actas de infracción por parte da Inspección de Traballo. Algo que xa se fixo, no acto de protesta celebrado o pasado 29 de decembro diante da Consellaría de Sanidade.

2. Denunciar a todas as empresas de Galiza á Inspección de Traballo por incumprimentos de carácter xeneralizado (fundamentalmente de saúde laboral e xornada).

3. Folga para os días 18, 19 e 20 de xaneiro, para obrigar á patronal a que negocie as melloras salariais demandadas polos traballadores e a racionalización das xornadas.

Neste momento, os traballadores están realizando xornadas de garda de 12 e 24 horas continuadas, o que atenta contra a seguridade tanto dos traballadores como dos propios doentes.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/01/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta