ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 31 de xaneiro de 2006

Demandan a inhabilitación de Adolfo Campos polo seu comportamento antidemocrático
Delegados da CIG exixen ao alcalde de Dozón que remate co acoso laboral aos afiliados e á delegada da central
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Contra a represión no Concello de Dozón, clic para aumentar
Contra a represión no Concello de Dozón, clic para aumentar
A Executiva Confederal da CIG en pleno, secretarios nacionais de federacións, secretarios comarcais e delegadas/os sindicais concentráronse diante da Casa do Concello de Dozón para amosar a súa solidariedade coa delegada sindical da CIG no Concello de Dozón, Ana Lois Navaza, e coas afiliadas e afiliados que traballan no Concello. (Fotos: ©galizacig.com 30/01/2006).
Contra a represión no Concello de Dozón, clic para aumentar
Contra a represión no Concello de Dozón, clic para aumentar
Contra a represión no Concello de Dozón, clic para aumentar
Ana Lois Navaza e os seus compañeiros acumulan máis de 30 sentenzas favorábeis contra o alcalde polas súas actuacións irregulares e caciquís.
Contra a represión no Concello de Dozón, clic para aumentar
Suso Seixo explicou que as demandas da central sindical son “que se faga xustiza, que se respecten os dereitos das traballadoras e traballadores, que se lles restitúa no seu posto de traballo, que se inhabilite ao alcalde de Dozón e que a poder ser vaia a parar á cadea por moitos anos”.
Contra o acoso laboral no Concello de Dozón
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 10'28'', espazo en disco: 29.428.721 bytes [20,0 Mb]). Realización: César Caramés.
 
Cunha concentración diante do Concello de Dozón e co posterior peche dentro do edificio, representes da CIG demandaron do alcalde, Adolfo Campos, que poña fin ao acoso laboral ao que somete aos afiliados/as e á delegada sindical da central. Suso Seixo, secretario xeral da CIG, anunciou ademais que o sindicato porá en marcha unha campaña contra a mutua que deu a alta indebida a Ana Lois Navaza, FREMAP, se esta non rectifica a súa decisión.

A Executiva Confederal da CIG en pleno, secretarios nacionais de federacións, secretarios comarcais e delegadas/os sindicais concentráronse diante da Casa do Concello de Dozón para amosar a súa solidariedade coa delegada sindical da CIG no Concello de Dozón, Ana Lois Navaza, e coas afiliadas e afiliados que traballan no Concello.

No acto fíxose entrega dun escrito no Rexistro do Concello no que Ana Lois Navaza, María José Caseiro, José Areán e Carmen Diéguez -todas traballadoras do Concello- explican as condicións laborais que padecen e solicitan o cese das actuacións denunciadas demandando “de non ser atendido o presente requirimento no prazo legalmente estabelecido, se indemnice a cada un dos suscribintes á cantidade simbólica de dez euros por cada día que pase sen que cese a actuación denunciada”.

Esta concentración e a campaña que a CIG pon en marcha, vén provocada pola decisión da mutua FREMAP de dar unha alta indebida a Ana Lois Navaza, obrigándoa a reincorporarse no posto de traballo, malia os médicos especificar que non pode regresar porque son precisamente as circunstancias nas que se desenvolve o traballo as que teñen provocado que a delegada sindical da CIG no Concello de Dozón estea a tratamento por depresión.

Xosé Carlos Crespo, secretario nacional de CIG-Administración explicou a situación que padecen tanto Ana Lois Navaza como as compañeiras e compañeiros que traballan no Concello e que están afiliados á CIG: retrasos no pagamento de salarios, apertura de expedientes a traballadoras e traballadores, separación do posto de traballo sen encomenda de funcións, ubicación en locais sen as mínimas condicións, illados, sen calefacción, sen acceso ao teléfono, con modificación arbitraria de horarios e condicións de traballo, reducións de salarios a determinadas persoas...

Diante deste panorama, Crespo advertiu que “non podemos consentir que continúen estas actitudes contra as nosas compañeiras e compañeiros, polo que seguiremos mobilizándonos e emprendendo todas as accións necesarias até que se amañe esta situación”.


Inhabilitación de Adolfo Campos

Neste sentido, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, explicou que as demandas da central sindical son “que se faga xustiza, que se respecten os dereitos das traballadoras e traballadores, que se lles restitúa no seu posto de traballo, que se inhabilite ao alcalde de Dozón e que a poder ser vaia a parar á cadea por moitos anos”.

O secretario xeral da CIG lembrou as xestións que a central sindical vén realizando para resolver este tema. A primeira, unha entrevista de membros da Executiva Confederal con responsábeis de FREMAP, na que anunciaron á mutua a intención da CIG de iniciar mobilizacións na súa contra se esta non revisa a alta indebida a Ana Lois Navaza.

Houbo tamén unha entrevista co xefe da Inspección de Traballo, para que se adopten medidas rigorosas para que se cumpra a normativa en materia de prevención. Neste sentido, Seixo denunciou que as inspeccións de traballo non atenden estes temas e que se se tiveran adoptado medidas preventivas, Ana Lois Navaza non estaría hoxe traballando.

Seixo adiantou que a CIG celebrará tamén esta semana unha entrevista co fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para que actúe, xa que a Fiscalía de Pontevedra viu pedindo de forma reiterada o sobresemento de todas as sentenzas que hai.

Ana Lois Navaza e os seus compañeiros acumulan máis de 30 sentenzas favorábeis contra o alcalde polas súas actuacións irregulares e caciquís.


 
 

  Contra a represión no Concello de Dozón, clic para aumentar
Ana Lois Navaza ten asignado o seu lugar de traballo nun habitáculo separado das oficinas xerais do Concello, ao que non ten aceso o público, sen teléfono, sen ordenador nin outros instrumentos de traballo, con calefacción insuficiente, tendo totalmente prohibido o acceso ao fax, á fotocopiadora, ao teléfono e mesmo ás propias oficinas xerais, así como a documentación, expedientes que se tramitan no Concello, tamén ten prohibido atender chamadas. (Foto: ©galizacig.com 30/01/2006).
 
Condicións laborais dos afiliados/as á CIG no Concello

No escrito presentado no Rexistro do Concello, as traballadoras e o traballador afectados polas actuacións irregulares do alcalde, Adolfo Campos, describen as condicións nas que se desenvolve diariamente o seu traballo.

No caso de Ana Lois Navaza recóllese que “A sra. Navaza ten asignado o seu lugar de traballo nun habitáculo separado das oficinas xerais do Concello, ao que non ten aceso o público, sen teléfono, sen ordenador nin outros instrumentos de traballo, con calefacción insuficiente, tendo totalmente prohibido, por orde expresa desa Alcaldía o acceso ao fax, á fotocopiadora, ao teléfono e mesmo ás propias oficinas xerais, así como a documentación, expedientes que se tramitan no Concello, tamén ten prohibido atender chamadas. Mesmo se alguén a chama por teléfono non lle permiten atender a chamada. Non se lle asigna, nin se lle permite a realización de ningún traballo, a pesar de telo solicitado reiteradamente. Tampouco se lle permite o acceso a ningunha outra dependencia do Concello, agás os servizos, incumprindo a normativa recollida na Lei de Órganos de Representación dos Funcionario Públicos. Esta situación é a mesma desde hai varios anos e venlle ocasionando un desequilibrio psíquico que lle vén afectando á súa integridade moral e mesmo física, xa que supón un clarísimo menoscabo da súa saúde”.

 
 
Informacións relacionadas
26/01/2006 Concentración diante da Casa do Concello o luns 30 de xaneiro
Máis de 30 sentenzas condean ao alcalde de Dozón por actuacións caciquís contra os traballadores
29/11/2005 Entrevista
Ana Lois Navaza: “Na administración pública é onde se manifesta con maior crueza o acoso moral”
30/07/2005 A CIG demanda a inhabilitación de Adolfo Campos Panadeiro, alcalde da vila
Sentenciado o Concello de Dozón a indemnizar con 6.000 euros a Ana Lois Navaza por acoso moral
16/09/2003 A CIG exixe que o PP obrigue ao alcalde de Dozón a cumprir a lei e cese o acoso contra Ana Lois
26/02/2002 Entrevista a Ana Lois, delegada da CIG no Concello de Dozón
“Esta é unha guerra de resisténcia na que a CIG e os traballadores vencerán”
13/04/2001 Seguen as falcatruadas do alcalde de Dozón contra as/os traballadoras/es do Concello e a delegada sindical
O alcalde de Dozón prestou declaración nos xulgados de Lalín por unha demanda penal interposta pola Delegada Sindical da CIG-Administración
05/12/2000 Pola dignidade laboral no Concello de Dozón
02/12/2000 Máis de 700 persoas maniféstanse en Lalín en apoio dos traballadores/as do Concello de Dozón e contra a actitude autoritaria do alcalde
29/11/2000 Manifestación en apoio aos/as traballadores/as do Concello de Dozón, o 1 de decembro en Lalín
08/11/2000 A CIG logra a novena resolución xudicial favorábel aos funcionários e contra o alcalde de Dozón
25/10/2000 O Secretariado Confederal da CIG celebrou en Dozón unha reunión contra a persecución sindical
27/09/2000 Funcionarios mirando á parede
17/06/2000 O alcalde do PP en Dozón pisotea sistematicamente os direitos fundamentais de cinco dos sete funcionários da alcaldia
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/01/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta