|
Actualidade CIG-Comunicación-
Quen non lembra a masacre de Catavi en decembro de 1942, nesta cidade asinouse en 1952 a nacionalización das minas, porén en 1967 habería unha nova masacre de mineiros na mina Catavi-sigloXX, gobernaba Barrientos, que asumira como presidente en 1966 despois dunhas eleicións fraudulentas. Neste marco o recen elixido presidente Evo Morales pode ser a redención indíxena (e todo aponta neste sentido), recuperando cultura e protagonismo social para esta maioría esquecida e discriminada, ou unha nova frustración política, como aconteceu no seu día co MNR, e hoxe con varios governos de países de América Latina moi próximos na xeografía. Evo Morales é indíxena Aimará, unha das dúas grandes etnias do país, a outra é a quechua. O dirixente do MAS, e hoxe presidente de Bolivia, estivo en abril de 2004 en Galiza. Durante a súa estadía no noso país unha delegación da CIG e o SLG mantiveron con el unha longa entrevista que se gravou, así como a súa intervención posterior nunha conferencia na cidade de Pontevedra. Polo seu interes reproducimos agora parcialmente as súas respostas e análises no vídeo anexo a este limiar. |
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/01/2006 |
|||||||||
|