|
Actualidade CIG-Comunicación-
A mobilización partiu ás cinco do serán de fronte ao Hospital Xeral para despois dirixirse pola rúa Pizarro ate a Praza España, na que os manifestantes permaneceron durante vinte minutos para a continuación voltar pola rúa Pizarro ate o cruce con Vázquez Varela. Neste último lugar realizouse unha concentración, na que falaron aos presentes un representante da CIG e outro de CCOO, dado que a presenza da outra central convocante (a UGT) foi mínima, por non dicir nula, nesta mobilización. Na mobilización houbo sobre 350 traballadoras e traballadores do sector vindos de toda Galiza, amosando a ampla participación dos afectados polo convenio no proceso negociador, así como a vontade de manter o pulso coa patronal. Nesta protesta pública contaron co apoio solidario de operarios doutras actividades. Esta manifestación formou parte dos tres días de folga convocados na semana pasada (18,19 e 20 de xaneiro) durante os que se fixeron concentracións e mobilizacións en varias cidades galegas. As reivindicacións que as centrais sindicais están plantexando na mesa de negociacións á patronal do sector teñen como eixo rematar coa: a alta taxa de precariedade laboral, as insoportábeis xornadas de traballo e os baixos salarios. |
||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 21/01/2006 |
||||||||||
|