|
Actualidade
Santiago, 20 de xaneiro de 2006
A CIG denuncia a detención “ilegal”
de Ernesto López Rei
Éxito rotundo da folga de ambulancias
| |
 |
| O colectivo demanda melloras salariais pero,
sobre todo, melloras nas súas condicións laborais. Os traballadores están realizando xornadas
de garda de 12 e 24 horas continuadas, o que atenta tanto contra a súa seguridade como a dos propios doentes. (Foto: Manifestación en Vigo. ©www.galizacig.com
18/01/2005). |
 |
| Como éxito rotundo cualifica Ernesto
López Rei a folga de ambulancias. Unha folga que conta cun 100% de seguimento, nomeadamente nas sete grandes
cidades. (Foto: Piquete diante do hospital
Montecelo, en Pontevedra. ©www.galizacig.com 18/01/2005). |
| |
O secretario comarcal de Transportes da CIG
en A Coruña e portavoz no conflito, Ernesto López Rei, era detido ás sete da mañá,
na segunda xornada de folga de ambulancias, o xoves 19 de xaneiro. Unha detención cualificada unanimemente
polos sindicatos convocantes, CIG, CCOO e UGT, como “ilegal”. As organizacións sindicais tamén coinciden
en que con esta detención se pretendía desviar a atención das razóns que provocaron
a convocatoria de folga.
Como éxito rotundo cualifica Ernesto López
Rei a folga de ambulancias. Unha folga que conta cun 100% de seguimento, nomeadamente nas sete grandes cidades.
Este éxito é precisamente, para López Rei, a razón de fondo que tería provocado
a súa detención. De feito, os membros do piquete afirmaron que “foron a por el, identificárono
e logo levárono”.
Para López Rei a detención “vai
dirixida cara a desprestixiar e descabezar unha mobilización de traballadores en demanda de que se negocie
o convenio colectivo e que se melloren as súas condicións laborais”.
De feito, o colectivo demanda melloras salariais
pero, sobre todo, melloras nas súas condicións laborais. Os traballadores están realizando
xornadas de garda de 12 e 24 horas continuadas, o que atenta tanto contra a súa seguridade como a dos propios
doentes.
|