|
Actualidade
Vigo, 21 de xaneiro de 2006
Convocado polo BNG, contou co apoio da CIG
Numerosas persoas no acto de solidariedade
con Domingos Solla e David Giráldez
| |
 |
| Descarga
o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'33'',
espazo en disco: 13.263.428 bytes [12,6 Mb]). |
| |
O venres 20 de xaneiro ás 20 horas realizouse
unha concentración na Praza do Concello de Gondomar, convocada polo BNG e que contou co apoio da CIG. A
finalidade desta mobilización foi amosar a solidariedade co concelleiro desta fronte política nacionalista
en Nigrán, David Giráldez, e co vocal na entidade menor de Morgadáns, Gondomar, tamén
militante do BNG, Domingos Solla. Ambos os dous están afiliados á CIG.
Estes militantes nacionalistas sufriron atentados,
coa queima de coches da súa propiedade e ameazas telefónicas, todo indica que por mor das denuncias
que en materia de urbanismo veñen realizando.
A mobilización contou coa asistencia de
dirixentes a nivel nacional do BNG e da CIG, así como cargos públicos da organización frontista
tanto comarcais como a nivel galego e estatal. Os xornais dan unha cifra de cincocentos asistentes ao acto.
|