|
Actualidade CIG-Comunicación-
O secretario comarcal da Federación de Transporte da CIG, Ernesto López Rei, considera que coa detención deste condutor a policía tiña a intención de criminalizar aos traballadores do sector, deslexitimar a folga e aplicar unha medida exemplarizante para reatraer aos folguistas para non participaren nos piquetes. O máis grave, segundo López Rei, é que coa paralización “absolutamente inxustificada do vehículo”, que quedou sen condutor até que se atopou a outro, paralizouse tamén o servizo de atención aos doentes coruñeses. Nese momento en A Coruña só operaban dúas ambulancias equipadas para casos que precisan atención médica inmediata e a outra estaba atendendo un caso urxente.
O seguimento da folga volveu ser masivo nesta segunda xornada. Nas sete cidades, sobre as que pivota o 90% da actividade sanitaria de Galiza o paro foi do 100%, polo que a CIG entende que se pode cualificar a convocatoria de “éxito rotundo”. Diante desta participación, López Rei agarda que a patronal reaccione e sente a negociar para mellorar dunha vez por todas as condicións laborais e salariais. |
|||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/02/2006 |
|||||||||
|