ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 15 de febreiro de 2006

O acto de clausura comezou cun minuto de silencio polo accidente laboral mortal nas obras do Porto Exterior
Arredor de 2.000 delegados e delegadas mobilízanse en A Coruña contra a Directiva Bolkestein
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
Arredor de 2.000 delegadas/as da CIG, xunto a unha delegación da Intersindical Portuguesa CGTP-IN, percorreron as rúas da cidade de A Coruña, desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno para manifestarse contra as medidas neoliberais e desreguladoras que introducirá a Directiva Bolkestein. (Fotos: ©Paula Castro 14/02/2006).
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
Adao Ribeiro Mendes, clic para aumentar
Adao Ribeiro Mendes, membro da Comisión Executiva Nacional da CGTP-IN, alén de lembrar que millares de traballadores se estaban manifestando esa mesma mañá en Estrasburgo, destacou algúns dos aspectos máis negativos da Directiva, contra a que tamén se posiciona esta organización sindical portuguesa. (Fotos: ©Fernando Pol 14/02/2006).
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
Suso Seixo, clic para aumentar
Suso Seixo lembrou que esta Directiva consagra o principio do país de orixe, que posibilita que as empresas que se fixen no noso país apliquen as lexislacións laborais, salariais, de xornada e de protección laboral do país de procedencia.
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
 
Arredor de 2.000 delegadas e delegados da CIG, xunto aos que participou unha delegación da Intersindical Portuguesa CGTP-IN, percorreron as rúas da cidade de A Coruña, desde a Praza da Palloza até a Delegación do Goberno para manifestarse contra as medidas neoliberais e desreguladoras que introducirá a Directiva Bolkestein se finalmente é aprobada tal e como está concebida.

Cun minuto de silencio en lembranza dos dous traballadores, un finado e outro desaparecido, no accidente laboral ocorrido o pasado luns día 13 de febreiro nas obras do Porto Exterior de A Coruña, comezaba o acto de clausura da manifestación convocada pola CIG contra a Directiva Bolkestein.

A manifestación concluía ás portas da Delegación do Goberno en Galiza, onde o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, acompañado por membros da Executiva Confederal entregaba un escrito no que se demanda do Goberno español “un posicionamento claro de rexeitamento á Directiva Bolkestein, tanto no Consello como no Parlamento europeo”.

O primeiro en intervir foi o Adao Ribeiro Mendes, membro da Comisión Executiva Nacional da CGTP-IN e da Unión de Sindicatos de Braga, quen alén de lembrar que millares de traballadores se estaban manifestando esa mesma mañá en Estrasburgo, destacou algúns dos aspectos máis negativos da Directiva, contra a que tamén se posiciona esta organización sindical portuguesa.

No que respecta á libre circulación dos servizos, sinalou que “a cuestión non está nesta liberdade senón na forma na que se garante, ou sexa: cales son as condicións que se aplican á circulación dos que ofrecen estes servizos”.

Canto ao aspecto económico, subliñou que a Comisión pretende “reforzar a competitividade neste sector estratéxico –o dos servizos-, facer baixar os prezos, promover a innovación e a produtividade, presupoñendo que todo isto crearía máis emprego”. Porén, a CGTP-IN entende que “a Directiva Bolkestein pretende unha concorrencia por abaixo, na regulación Social e Ambiental, o que leva a crer que non serán elementos nin de creación de emprego nin posibilitarán asegurar a calidade dos servizos”.

Moi á contra, consideran que esta directiva “potencia o dumping social, non garante a calidade e non garante os dereitos contractuais”. Por iso defenden a universalidade, accesibilidade, continuidade, calidade e a protección dos servizos e denuncian que a “UE considera os servizos de saúde seguridade social, educación, cultura ou auga como vulgares mercadorías suxeitas ás mesmas regras e formas de competitividade”.

Pola súa banda, Suso Seixo, secretario xeral da CIG comezou a súa intervención agradecendo a presenza dos compañeiros da CGTP-IN, “cos que nos une non só a proximidade senón tamén un idioma cunha orixe común e unha concepción moi clara do que supón a defensa coherente dos intereses da clase traballadora e a loita por unha sociedade máis xusta e máis igualitaria”.

Ademais lembrou que ao tempo que a CIG xunto coa CGTP-IN se manifestaba polas rúas coruñesas, tamén se estaban a producir manifestacións en Euskadi convocadas polo sindicalismo nacionalista, “como non podía ser de outra maneira porque o sindicalismo español está desaparecido nesta loita”.

O secretario xeral da CIG aproveitou tamén a súa intervención para denunciar a excesiva presenza policial nos arredores do edificio da Delegación do Goberno e para lanzar a pregunta de “por que non utilizan á policia para que se faga cargo dos empresarios responsábeis da morte de dous traballadores en Punta Langosteira”.

Canto á propia Directiva de Servizos, alcumada como Bolkestein, Seixo afirmou que se trata “dun dos maiores atentados contra os dereitos dos traballadores que se están a facer na UE”. Ao seu entender é demostrativa da Europa do capital, da Europa antisocial e antiobreira que consagra o tratado de Constitución europea. Un Tratado ao que cando se convocou o referendo no Estado español, “a CIG dixo non, o nacionalismo dixo non e os que dixeron si son eses que agora non se manifestan aquí pero vanse manifestar a Estrasburgo logo de ter defendido, no seu momento ese Tratado”.

Suso Seixo lembrou que esta Directiva consagra o principio do país de orixe, que posibilita que as empresas que se fixen no noso país apliquen as lexislacións laborais, salariais, de xornada e de protección laboral do país de procedencia. “Para as multinacionais e mesmo para algunhas empresas galegas sería doado montar empresa en Polonia, onde as condicións laborais son peores que aquí e trasladar traballadores dese país a Galiza e non se lles podería exixir que respectaran a nosa normativa”.

Este principio é para a CIG “un atentado contra o dereito a un traballo en condicións dignas, contra o dereito de negociación colectiva e contra os moitos dereitos polos que levamos loitando durante moitos anos: dereitos que a UE pretende botar abaixo estendendo un modelo precario na vez de estender aqueles modelos onde as condicións laborais son mellores”.

Suso Seixo advertiu ademais que das posibilidades que ofrece esta directiva non escapan nin os servizos públicos. “Din que non se aplicará aos servizos de interese xeral pero non definen cales son pero ademais deixan claro que aqueles servizos de interese xeral que estean privatizados si quedarán afectados por esta directiva”.

Ao entender de Seixo este será un elemento máis de presión sobre os Estados para que cada vez privaticen máis os servizos públicos. Por iso, denunciou a posición que mantivo até o de agora o Goberno español no Consello, por non oporse a esta Directiva.


A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar  
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
 
Vídeo CIG
A Coruña contra a Directiva Bolkestein
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'49'', espazo en disco: 29.335.160 bytes [27,9 Mb]). Realización: César Caramés.
 
Presenza policial
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
O secretario xeral da CIG aproveitou tamén a súa intervención para denunciar a excesiva presenza policial nos arredores do edificio da Delegación do Goberno e para lanzar a pregunta de “por que non utilizan á policia para que se faga cargo dos empresarios responsábeis da morte de dous traballadores en Punta Langosteira”.
A Corunha, contra a Directiva Bolkestein, clic para aumentar
 
Presenza dos medios de comunicación
Suso Seixo, clic para aumentar
Suso Seixo, clic para aumentar
Suso Seixo, secretario xeral da CIG.
Adao Ribeiro Mendes, clic para aumentar
Adao Ribeiro Mendes, membro da Comisión Executiva Nacional da CGTP-IN.
Paulo Carril Vázquez, clic para aumentar
Paulo Carril Vázquez, secretario comarcal da CIG de A Coruña. (Fotos: ©Fernando Pol 14/02/2006).
Reforma do Estatuto

Fronte a isto, o secretario xeral da CIG defendeu, como ferramenta para defenderse deste tipo de políticas que deixan cada vez máis sen soberanía aos Estados, as posibilidades que se abren agora coa reforma do Estatuto de Autonomía.

Así exixiu para Galiza “plenas competencias, soberanía, capacidade de decisión sobre todo o que lle afecte e sobre todo o que defina cal vai ser o seu futuro e as súas condicións de vida”.

 
 
Informacións relacionadas
11/02/2006 Sairá da Praza da Palloza de A Coruña ás 11:30 horas
Manifestación contra a Directiva Bolkestein o martes 14 de febreiro
25/01/2006 Contra a Directiva Bolkestein, manifestación o martes 14 de febreiro as 11:30 horas na Praza da Palloza de A Coruña
A Unión Europea quere aplicar duras medidas contra os dereitos dos traballadores
30/12/2005 A directiva Bolkestein, a Unión Europea ao servizo exclusivo do capital
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/02/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta