ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 3 de febreiro de 2006

Celebración do IV Congreso da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG na cidade de Vigo
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  IV Congreso Banca, clic para aumentar
“30 anos, seguimos na loita”, IV Congreso Nacional da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG.
 
Baixo o lema “30 anos, seguimos na loita” o vindeiro sábado 4 de febreiro, 160 sindicalistas de toda Galiza están convocados/as a participar no IV Congreso Nacional da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG, que terá lugar na cidade de Vigo. Esta central sindical é maioritaria na Banca, nas Caixas de Aforros e no sector de Oficinas e Despachos a nivel galego.

Neste Congreso a representación dos afiliados/as deberá elixir ao Secretario/a Nacional da Federación, así como aos/ás integrantes da Executiva Federal. Debaterase o informe de xestión dos últimos catro anos, no que se destaca o resultado das pasadas eleccións sindicais, nas que a CIG quedou como primeira forza nestes sectores, así como o medre de afiliación que foi superior ao 33%, permitindo marcarse o obxectivo dos 4.000 afiliados/as a curto prazo.

Afondarase tamén sobre a situación laboral e sobre a acción sindical a desenvolver pola CIG no sector financeiro, no sector de Oficinas e no sector do Telemárketing nos vindeiros catro anos.

Está prevista a presenza de delegacións dos sindicatos vascos ELA e LAB, e da Intersindical-CSC dos Países Cataláns. De Portugal está confirmada a asistencia da Comissao de Trabalhadores do BBVA e do STEC (Sindicato dos trabalhadores das Empresas do Grupo Caixa Geral de Depósitos).

A celebración do IV Congreso coincide co 30 aniversario da fundación da UTBG (Unión dos Traballadores da Banca da Galiza) no ano 1976, o primeiro sindicato nacionalista e de clase no sector financeiro galego que foi o xermolo do que hoxe é a Federación de Banca da CIG.


Horario das sesións congresuais

09:30-10:30 Recepción congresistas e convidados/as.
Entrega credenciais.
10:30-10:45 Comezo das sesións congresuais.
Saúda do secretario comarcal da CIG-Vigo.
10:45-11:30 Debate e votación do Regulamento.
11:30-12:00 Informe da Executiva e do Secretariado Nacional.
12:00-12:30 Debate e votación do Informe.
12:30-12:45 Elección da mesa Presidencial.
Dimisión da Executiva Nacional e dos representantes da Federación no Consello Confederal.
12:45-14:00 Relatorio de Organización e Estatutos.
Debate e votación.
14:00 Inicio do prazo de presentación das Candidaturas.
14:00-16:00 Xantar.
16:00-16:15 Remate do prazo de presentación das Candidaturas.
16:15-17:30 Relatorio de Acción Sindical.
Debate e votación.
17:30-18:30 Elección de órganos e cargos:
-Executiva Federal.
-Secretario/a Nacional.
-Representantes da Federación no Consello Confederal.
18:30 Resolucións especiais.
19:00 Acto de clausura.

30 anos, seguimos na loita

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/02/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta