ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 25 de febreiro de 2006

A historia repítese e traballadores e estudantes vólvense dar cita o 2 de marzo xunto a representantes sociais e persoeiros da cultura
CIG e CAF organizan un xantar para conmemorar o 150 aniversario do “Banquete de Conxo”
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  O xantar democrático de Conxo, clic para aumentar
150 anos despois, tamén o 2 de marzo, a historia repítese e traballadores e estudantes vólvense dar cita xunto con representantes de asociacións culturais e sociais e persoeiros do mundo da cultura do noso país. (Descarga o folleto O xantar democrático de Conxo en formato .pdf).
 
O 2 de marzo de 1856 celebrábase o Xantar Democrático de Conxo, a iniciativa de Aurelio Aguirre, poeta e persoa con predicamento entre os obreiros e estudantes de Santiago de Compostela, coa intención de facer un encontro fraternal entre ambos. 150 anos despois, tamén o 2 de marzo, a historia repítese e traballadores e estudantes vólvense dar cita xunto con representantes de asociacións culturais e sociais e persoeiros do mundo da cultura do noso país.

Ese acto será o punto de partida dunha intensa campaña en lembranza da nosa historia e nomeadamente dun século, o XIX, case descoñecido pero imprescindíbel para entender o noso presente, sempre tendo como eixo o acontecemento de 1856. De feito, a CIG xa ten editado 10.000 encartábeis para a súa distribución inmediata.

Ao xantar asistirá o Consello Confederal da CIG en pleno e unha ampla representación dos Comités Abertos de Faculdade. Xunto a eles compartirán mesa representantes de máis de vinte asociacións de carácter social e cultural, persoeiros do mundo da cultura, da Economía, das artes, representantes do medios de comunicación e da política, como a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, ou o concelleiro de Cultura de Santiago, Néstor Rego. Un amplo espectro da sociedade galega, co que se pretende revivir aquel acontecemento histórico.

Tras do xantar, ás 19:30 horas, terá lugar na Galegría Sargadelos de Santiago de Compostela, unha charla a cargo de Bieito Alonso, na que o historiador presentará “Unha ollada en perspectiva do Banquete Democrático de Conxo”.

Xa está en marcha ademais, desde a Fundación para o Estudo e a Divulgación da cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), a preparación dun documental que abrangue desde principios do século XIX até comezos do XX, coas Irmandades da Fala.

Xunto a isto, FESGA está a elaborar 12 paneis alusivos á época que serán expostos nos locais da CIG de todo o país, dos que está previsto facer copias para expor tamén entre aquelas entidades que estean interesadas.

Alén diso, trabállase nun libro no que se analiza o século XIX e aqueles acontecementos máis salientábeis, como a insurrección liberal de 1846, entre outros.

 
Descarga en .pdf
 
pdfO xantar democrático de Conxo

 
 
Informacións relacionadas
24/01/2006 O banquete de Conxo, a unidade de obreiros e estudantes
Artigo de Manuel Mera (CIG)
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/02/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta