ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 10 de febreiro de 2006

En febreiro os días 9, 10, 13, 14, 23, 24, 27 e 28
Comeza unha nova convocatoria da folga de ambulancias cun seguimento masivo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga ambulancias, clic para aumentar
En total están previstas 18 xornadas de folga. No mes de febreiro os días 9 e 10 que continuará os días 13 e 14 e logo 23, 24, 27 e 28. No mes de marzo están previstas dúas quendas de catro días cada unha: do 6 ao 10 de marzo e do 20 ao 24 de marzo. (Foto: ©www.galizacig.com).
 
A primeira xornada de folga das 18 convocadas polo sector de ambulancias en febreiro e marzo tivo un seguimento masivo. Para quentar motores, o día anterior traballadores e representantes sindicais pecháronse nas delegacións de Sanidade das catro provincias. Con este acto demandaban da Administración que controle o cumprimento da normativa laboral e de prevención de riscos por parte das empresas.

A esta nova convocatoria chégase logo de rexeitar a proposta presentada pola patronal o pasado 3 de febreiro. Unha proposta que se cinguía, segundo explica Ernesto López Rei, secretario comarcal de Transporte da CIG en A Coruña, ao aspecto económico e na que se eludía revisar as condicións laborais nas que os traballadores do sector desenvolven a súa actividade.

López Rei explica que nesa xuntanza a patronal asegurou que facía esa nova proposta, practicamente por boca da Consellaría. O secretario comarcal da CIG de A Coruña engade que foi rexeitada porque “pretendían diferir en cinco anos a suba salarial que nós demandamos para este ano”.


Servizos mínimos

A respecto dos servizos mínimos impostos, López Rei sinala que a CIG non asistiu a última xuntanza celebrada para acordalos, porque na anterior “a prepotencia coa que actuou a Consellaría provocou que nos levantáramos e non tiña ningún sentido volver a pasar por outra reunión das mesmas características”.

O secretario comarcal de Transporte da CIG de A Coruña lembra que naquela reunión escoitáronse as partes e “non se aviñeron a negociar nada”. Diste xeito, considera que “pouco importaba que tivéramos enviado a proposta por fax ou por teléfono porque cando propuxemos negociar contestáronnos que a Consellaría ía facer un decreto de obrigado cumprimento. Por iso marchamos”.


Patronal e Administración

Xunto co papel que está xogando a patronal, que se nega a negociar un verdadeiro convenio galego para o sector, está a Consellaría que actúa a través dos propios empresarios.

Nin sequera hai resposta das denuncias presentadas polo incumprimento da lexislación en materia de prevención. Por iso, a antesala da xornada de folga foi o peche nas delegacións provincias de Sanidade, exixindo que se controle o cumprimento da normativa laboral e en materia de prevención.


Xornadas de folga previstas

En total están previstas 18 xornadas de folga. No mes de febreiro os días 9 e 10 que continuará os días 13 e 14 e logo 23, 24, 27 e 28. No mes de marzo están previstas dúas quendas de catro días cada unha: do 6 ao 10 de marzo e do 20 ao 24 de marzo.

 
 
Informacións relacionadas
22/01/2006 As mobilizacións buscan rematar coa precariedade laboral no sector, as insoportábeis xornadas de traballo e os baixos salarios
Éxito da manifestación en Vigo pola negociación do Convenio Galego de Ambulancias
20/01/2006 A CIG denuncia a detención “ilegal” de Ernesto López Rei
Éxito rotundo da folga de ambulancias
05/01/2006 Demandan condicións salariais dignas e horarios racionais
Convocada folga de ambulancias para os días 18, 19 e 20 de xaneiro
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/02/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta