ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 14 de febreiro de 2006

O martes 14 de febreiro terá lugar a primeira concentración
Comezan as mobilizacións en Panrico-Galiza pola paralización da negociación do convenio colectivo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Anxo Noceda, clic para aumentar
Anxo Noceda, secretario comarcal da CIG de Compostela: “non son as nosas demandas económicas, nin hoxe nin nunca, as que van pór en risco de peche á nosa planta, senón que se algún día deciden pechala será en base a criteiros moi distintos. Eles mesmos recoñéceno cando afirman que a contía económica que demandamos non é nada”. (Foto: ©galizacig.com).
 
O Comité de Empresa de Panrico-Galiza vén de acordar o comezo de mobilizacións en protesta pola paralización do convenio colectivo, logo de ser rexeitada pola Asemblea de Traballadores a última proposta realizada pola Dirección da Empresa. Este martes terá lugar a primeira concentración.

Alén de outras cuestións de carácter social, a principal diferenza entre Dirección de empresa e traballadores está na demanda de incremento salarial. Os traballadores, tendo en conta que o seu salario é o máis baixo das plantas do grupo de todo o Estado, afirman que non están dispostos a seguir sendo o “furgón de cola” e demandan un plus de convenio de 30 euros.

Fronte a esta demanda, Panrico ameaza con pechar a planta compostelana. Ameaza á que o Comité de Empresa responde, segundo explica Anxo Noceda, secretario comarcal da CIG de Compostela, que “non son as nosas demandas económicas, nin hoxe nin nunca, as que van pór en risco de peche á nosa planta, senón que se algún día deciden pechala será en base a criteiros moi distintos. Eles mesmos recoñéceno cando afirman que a contía económica que demandamos non é nada”.

Pola súa banda, a Dirección da Empresa propón que se os traballadores aceptan asinar a súa proposta, incluirán unha cláusula de garantía de emprego no convenio colectivo. Cláusula que xa figura no actual convenio e que “están a incumprir”, explica Noceda.

Neste sentido, o Comité de Empresa subliña que “o que nos gostaría é que eles nos respostasen a se, conxuntamente coa cláusula de garantía de emprego, incluirán, de incumplila, unha contiosa penalización de carácter indemnizatorio para cada un dos traballadores”.

Tras diversas xuntanzas, finalmente a Asemblea de Traballadores acordou non aceptar a proposta empresarial e eleborar un calendario de mobilizacións que se inicia coa concentración do día 14 de febreiro.

 
 
Informacións relacionadas
30/11/2005 Elaborarán un calendario de mobilizacións para que se atendan ás súas demandas
A asemblea de traballadores de Panrico rexeita por unanimidade a proposta de convenio da empresa
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/02/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta