|
Actualidade CIG-Comunicación-
Entre os días 18 e 26 de xaneiro a Dirección da empresa Masa Galicia S.A. celebraba varias xuntanzas co Comité de Empresa para comunicarlle aos seus membros que como consecuencia da redución de carga de traballo na Mina de Meirama, afectando aos contratos subscritos coa empresa Soluziona Operación y Mantenimiento S.A., ía proceder a extinguir a relación laboral de aproximadamente 30 traballadores. O propio 26 de xaneiro presentábase a convocatoria de folga indefinida reivindicándose, entre outras, un plan de viabilidade para o futuro do cadro de persoal de Meirama que “contemple o mantemento de todos os postos de traballo” e a aplicación dos coeficientes redutores. A folga indefinida daba comezo o 6 de febreiro. Ese mesmo día o Comité de Folga, co ánimo de desconvocala solicitaba da Empresa que deixara en suspenso as extincións previstas e se incorporara á mesa constituída para tratar os problemas do sector. Tras de analizar a proposta, representantes de Masa Galicia S.A. e Comité de Empresa chegaban a un preacordo no que se recolle: 1. As previstas existincións de contratos suspéndense por un período dun mes, de forma que a súa efectividade non sexa antes do 31 de marzo. 2. Que a empresa, en caso de ser convidada, asistirá á Mesa constituída. 3. A Empresa comprométese a facer entrega dos certificados de permanencia na Mina até o 31 de decembro de 2005, a solicitude dos traballadores. 4. Que o Comité de Folga comprométese a suspender a folga a partir das 6:45 do día 8 de febreiro, até o 27 de marzo. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/02/2006 |
||||
|