|
Actualidade CIG-Comunicación-
Masa Galicia S.A., que desenvolve a súa actividade da mina de Meirama, informaba ao Comité de Empresa da decisión de despedir a 30 traballadores, dos 116 que forman parte do cadro de persoal- no mes de febreiro. Masa xustificaba esta decisión en base a que é unha subcontrata de Limeisa e que está rematando a actividade de extracción de lignito en Meirama. Diante desta decisión, o Comité de Empresa facía público o pasado 27 de xaneiro o preaviso de convocatoria de folga indefinida a partir do 6 de febreiro, logo de que a Empresa desoíra as reivindicacións dos traballadores. O Comité de Empresa xustificaba a súa decisión por:
Ademais, o pasado 31 de xaneiro representantes do Comité de Empresa reuníanse co director xeral de Industria para solicitar a implicación desta Consellaría na solución do conflito que afecta a esta empresa. Nesta xuntanza, o Comité de Empresa demandaba da Administración autonómica a súa implicación para que esta, xunto co concello e as empresas afectadas polo remate da extracción de lignito constituíran unha mesa para estudar todas as alternativas posíbeis de cara a evitar a perda dos postos de traballo e para que se estudara a súa recolocación ou prexubilación (naqueles casos que cumpriran os requisitos) a través do Plan Miner. |
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 07/02/2006 |
||||
|