ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 25 de febreiro de 2006

Suso Seixo vén de remitir senllas cartas a María José Rubio e a Ricardo Varela para que medien na busca de solucións
O secretario xeral da CIG solicita que Sanidade e Traballo interveñan no conflito das ambulancias
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Suso Seixo, clic para aumentar
Suso Seixo explica que a CIG considera que “desde a Administración autonómica debe facerse unha intervención inmediata que obrigue á patronal a sentarse en serio a negociar un convenio colectivo e unhas condicións dignas de traballo”. (Foto: Suso Seixo en A Coruña. ©Fernando Pol).
Ambulancias, por un convenio xusto
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'09'', espazo en disco: 28.839.066 bytes [27,5 Mb]).
 
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, vén de remitir dúas cartas aos conselleiros de Sanidade, María José Rubio Vidal, e de Traballo, Ricardo Varela Sánchez, para manifestar a preocupación da CIG polo conflito das ambulancias e para que desde ambas Consellarías se fagan todas as xestións necesarias para a súa pronta solución.

Tendo en conta as dificultades que existen para achegar posturas entre patronal e sindicatos “dada a postura intransixente, cicateira e irresponsábel da patronal do sector”, Suso Seixo explica que a CIG considera que “desde a Administración autonómica debe facerse unha intervención inmediata que obrigue á patronal a sentarse en serio a negociar un convenio colectivo e unhas condicións dignas de traballo”.

O secretario xeral da CIG incide especialmente en que “estamos a falar dun servizo público tan sensíbel como é o servizo sanitario” e advirte que a existencia deste conflito “está a prexudicar a calidade do mesmo aos usuarios”.

Para Seixo é especialmente preocupante a “gravidade engadida derivada das condicións de precariedade e sobreexplotación en que están os traballadores e traballadoras que desenvolven a súa actividade nas ambulancias”.

Por iso demanda que desde as Consellarías se fagan todas as xestión necesarias para unha pronta solución deste conflito.

 
 
Informacións relacionadas
24/02/2006 Con concentracións no Hosiptal Clínico e diante da Consellaría de Sanidade en Compostela
Rachan as negociacións do sector de ambulancias e reinícianse as mobilizacións
11/02/2006 A paralización do vehículo provocou a desatención temporal dun servizo fundamental para a poboación
A detención do condutor da ambulancia medicalizada en A Coruña foi unha imprudencia da policía
10/02/2006 En febreiro os días 9, 10, 13, 14, 23, 24, 27 e 28
Comeza unha nova convocatoria da folga de ambulancias cun seguimento masivo
22/01/2006 As mobilizacións buscan rematar coa precariedade laboral no sector, as insoportábeis xornadas de traballo e os baixos salarios
Éxito da manifestación en Vigo pola negociación do Convenio Galego de Ambulancias
20/01/2006 A CIG denuncia a detención “ilegal” de Ernesto López Rei
Éxito rotundo da folga de ambulancias
05/01/2006 Demandan condicións salariais dignas e horarios racionais
Convocada folga de ambulancias para os días 18, 19 e 20 de xaneiro
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta