|
Actualidade CIG-Comunicación-
Mesa 1. Políticas de Emprego, Saúde Laboral e Economía Social Os obxectivos xerais desta Mesa de Traballo son: • Situar a Galiza nuns indicadores aceptables de convivencia e de cohesión social que se axusten a parámetros medios en correspondencia coa Unión Europea, garantindo os niveis da taxa de emprego, de calidade e estabilidade no emprego, de desemprego, de sinistralidade laboral, de integración laboral da xuventude, de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres galegas e de conciliación da vida familiar e laboral. • Dotarse dun servizo público de emprego transparente, gratuíto, eficaz e con recursos suficientes. Temario da Mesa: 1. Servizo Público de Emprego.
2. Observatorio mercado de traballo. 3. Instituto Galego de Emprego e Formación Profesional. 4. Pactos territoriais de emprego (pactos locais). 5. Políticas activas de emprego.
6. Políticas de igualdade contra a discriminación das mulleres no mercado de traballo. 7. Promoción da economía social, cooperativismo e empresa familiar. 8. Cultura preventiva.
9. Medios da Administración no eido da prevención de riscos laborais: labor inspectora e reparadora.
10. Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral.
O obxectivo xeral desta Mesa de Traballo é: • Revitalizar a negociación colectiva, as institucións laborais (Consello Galego de Relacións Laborais e CES, entroutros), reforzar a participación institucional e desenvolver o marco galego de relacións laborais. Temario da Mesa: 1. Negociación Colectiva. 2. Lei Galega de Participación Institucional. 3. Desenvolver o Marco galego de relacións laborais e as súas competencias. 4. Modificación da Lei reguladora do Consello Galego de Relacións Laborais. Consello Económico e Social (CES) de Galiza.
Os obxectivos xerais desta Mesa de Traballo son: • Garantir o crecemento da economía galega, do seu tecido produtivo e a súa sostenibilidade económica, mellorando a competitividade e a produtividade. • Fomento da sociedade da información, I+D e innovación. • Mellora dos sectores produtivos: agrogandeiro, pesqueiro, industrial e servizos. Temario da Mesa: 1. Desenvolvemento económico e industrial.
2. Innovación, investigación, desenvolvemento e a sociedade da información.
O obxectivo xeral desta Mesa de Traballo é: • Garantir o crecemento sostible e socialmente cohesionado do pais, a través da mellora permanente das infraestructuras (viarias, ferroviarias, portos, aeroportos e telecomunicacións), da ordenación do territorio, así como da protección e conservación do medio ambiente. Temario da Mesa: 1. Plan estratéxico de infraestructuras e servizos básicos.
2. Ordenación do territorio e reequilibrio territorial. 3. Políticas de recuperación, conservación e protección a natureza.
4. Desenvolvemento sostible.
O obxectivo xeral desta Mesa de Traballo é: • Consolidar e reforzar o estado do benestar, garantindo que Galiza converxa con España e Europa, cara un novo modelo de servizos sociais, de servizos para as persoas dependentes, de inclusión social, da sanidade e do ensino. Temario da Mesa: 1. Plan contra a pobreza e a marxinalidade. 2. Actualización do plan de inclusión (RISGA). 3. Plan de atención ás persoas dependentes e discapacitadas. 4. Dotación óptima de hospitais públicos e ambulancias. 5. Conciliación da vida laboral e familiar (garderías públicas, servizos complementarios). 6. Política da vivenda, política sanitaria e política do ensino. 7. Política de integración social.
Os obxectivos xerais que se perseguen son: • Mellorar os servizos públicos dirixidos á cidadanía, profesionalizando ás persoas empregadas públicas dependentes da Administración autonómica e das Administracións locais, mediante:
Os eixos fundamentais da negociación serán: 1. Reducción da temporalidade nas Administracións públicas, servizos e sector público. 2. Ordenar e democratizar a Función Pública galega. 3. Reforzar os servizos públicos. 4. Dimensionar as plantillas segundo as necesidades do servizo público. Serán contidos prioritarios da mesa:
Ao longo das diferentes xuntanzas desenvolvidas por esta Comisión de Traballo, fóronse establecendo criterios do procedemento a seguir no proceso negociador que arranque a partires de xaneiro de 2006. Tomando como punto de referencia o esquema negocial xa debuxado pola Declaración Institucional de 5 de novembro, o traballo desenvolvido parte da existencia de tres niveis de negociación diferenciados: Esquema para a posta en marcha
do proceso de Diálogo Social en Galiza
Mesa Xeral Institucional |
Mesa de Coordinación
|
Comisión de Traballo
|
|
|
|
|
|
|
Políticas de Emprego,
Prevención laboral e Economía social
Marco Galego de Partici-
Políticas de Desenvol-
Políticas de Infraes-
Políticas de Cohesión
Social e Igualdade
Políticas de Emprego e
Servizos Públicos
Con representación ao máis alto nivel da Xunta de Galiza e das distintas organizacións empresariais e sindicais que protagonizan o proceso: a Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), a Confederación Intersindical Galega (CIG), a UGT-Galiza e o SN de CCOO de Galiza. Esta Mesa será a competente para formalizar os acordos resultantes da negociación.
Complementando a anterior instancia participativa e a distinto nivel de representación, constituirase a Mesa de Coordinación, integrada polos departamentos administrativos da Xunta de Galiza con competencias materiais e as representacións empresariais e sindicais correspondentes. Para cumprir o mandato que lle encomenda a declaración institucional de fixar o método de traballo a aplicar nas distintas mesas, e para homoxeneizar o tratamento das materias establecidas, a Mesa de Coordinación establecerá como metodoloxía aplicable de xeito xenérico a todo o proceso, os seguintes principios: 1. Cada mesa de traballo fará unha diagnose común que sirva de punto de partida para debater cada materia ou tema. Para isto, tomará como referencia “os informes de contido sociolaboral emitidos ao efecto polo Consello Galego de Relacións Laborais e o Consello Económico e Social de Galiza”, tal e como di a propia Declaración Institucional. 2. Adoptaranse acordos concretos, para que sexan doados de aplicar e gobernar. 3. Dotar aos distintos acordos de instrumentos operativos e claros que identifiquen os canles de desenvolvemento dos mesmos. 4. Identificación dos recursos que garantan o cumprimento dos compromisos adquiridos (desagregando estes, segundo se traten de fondos propios da Xunta, transferencias do Estado e/ou da Unión Europea). 5. Establecer o sistema de avaliación dos acordos acadados a través das Comisións de seguemento que se creen ó efecto. A súa composición é a seguinte: • Por parte da Xunta de Galiza, os 13 Departamentos administrativos que a integran (Vicepresidencia e Consellerías), con representación a nivel de conselleiros (13 membros). • Por parte da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), 6 representantes. • Por parte das tres organizacións sindicais galegas máis representativas, 6 representantes (dous por cada sindicato). Este criterio de paridade entre as representacións empresarial e sindical, se reproducirá na Comisión de Traballo e nas distintas Mesas sectoriais que se establezan. As funcións desta Mesa de Coordinación serán: a) Establecer o calendario da negociación, a súa estructura e método de traballo. b) Establecer o número, materias e composición das mesas de traballo sectoriais que se constitúan. c) Propor e elevar os acordos á Mesa Xeral. d) Coordinación dos temas das mesas de traballo, centralizando e documentando a información obtida en cada unha delas. e) Difusión xeral do proceso negociador, dándolle visibilidade aos distintos avances que se produzan e ao proceso en xeral. f) Contará co apoio dunha Comisión de Traballo, a cal contribuirá de xeito decisivo no desenvolvemento das funcións que lle son atribuídas, sobre todo a efectos de elaboración do traballo de base da Mesa e de axilización do proceso de negociación. As xuntanzas da Mesa de Coordinación celebraranse, de xeito ordinario, cada dous meses, e sempre que o solicite unha das tres partes negociadoras. Contará cunha Presidencia. Esta, lle corresponderá á Consellería de Traballo, en canto departamento da Xunta de Galiza que está a coordinar e impulsar o propio proceso convencional. Contará, asemade, cunha Secretaría Técnica para desenvolver tarefas de soporte técnico e administrativo (convocatorias, elaboración de actas...). As convocatorias das xuntanzas da Mesa as fará a Presidencia, indicando nelas a correspondente orde do día, acompañada da documentación correspondente, de ser o caso. Tales convocatorias faranse cunha antelación mínima de dez días, agás nos supostos de convocatorias de xuntanzas extraordinarias, nas que o prazo se reducirá a 48 horas de antelación. Este esquema de funcionamento (Presidencia e Secretaría Técnica) reproducirase nas mesas de traballo sectoriais que se constitúan.
Esta Comisión está constituída polas representacións das tres partes negociadoras do proceso que se erixiron como tales dende a súa orixe, conformada polas persoas asinantes das actas que recollen os acordos definidores do propio proceso convencional ou, no seu caso, polas persoas designadas ao efecto. A súa misión é servir de apoio á Mesa de Coordinación ao longo de toda a negociación, facilitándolle as súas funcións, elaborando os traballos necesarios para a delimitación, esquemas de funcionamento, calendario e todas as circunstancias inherentes ao impulso do proceso negociador.
Constituirase un total de cinco Mesas de Traballo tripartitas coa seguinte denominación: Mesa 1. Políticas de Emprego, Prevención laboral e Economía social. Mesa 2. Marco Galego de Participación Institucional e de Relacións Laborais. Mesa 3. Políticas de Desenvolvemento Económico e Industrial. I+D+i. Mesa 4. Políticas de Infraestructuras, Cohesión Territorial e Medio Ambiente. Mesa 5. Políticas de Cohesión Social e Igualdade. A esta relación de Mesas sectoriais compre engadir unha máis, de carácter bipartito: Mesa 6. Políticas de Emprego e Servizos Públicos. Bipartita, Administracións-organizacións sindicais. Este marco negociador, elaborado pola Comisión de Traballo, e integrado en cada mesa por unha relación de materias e contidos non constitúe un esquema material ríxido, senón que cada Mesa sectorial terá a autonomía necesaria para incorporar aqueloutras materias que considere oportunas en función das necesidades da propia negociación, respondendo en todo caso aos grandes obxectivos que informan os traballos de cada Mesa. Cadansúa Mesa estará integrada polas representacións correspondentes de cada parte negociadora: pola Xunta de Galiza, os representantes da consellería ou consellerías competentes por razón da materia, e por parte das representacións empresariais e sindicais aquelas persoas designadas ao efecto. Dentro de cada Mesa, se as partes negociadoras así o deciden, poderán crearse as Sub-mesas ou Grupos de traballo que se consideren oportunos, en aras de axilizar e sacarlle máis proveito ao proceso de negociación. Tamén, cando as partes negociadores o consideren necesario, poderá recurrirse a expertos cualificados por razón da materia, que contribúan a enriquecer e axilizar a negociación. O marco temporal deste gran Acordo, que xurda do proceso de diálogo social, terá a vixencia temporal dos anos 2007-2013, en consonancia cun ámbito económico-social e financeiro máis amplo e, ademais, en sintonía co Marco Comunitario de Apoio da Unión Europea (2007-2013). Rematados os traballos desenvolvidos nesta fase previa pola Comisión de Traballo, constituirase formalmente a Mesa de Coordinación, na cal a Presidencia da mesma trasladará aos medios de comunicación e á sociedade en xeral, o esquema negocial, o método de traballo, calendario, número de mesas sectoriais e contidos do proceso de diálogo social en Galiza. Ese mesmo día (podería ser a primeira semana do mes de febreiro) se establecerá unha data tope para que todas as mesas que integran o referido proceso estean constituídas e boten a andar. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/02/2006 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||