ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 22 de febreiro de 2006

Cun incremento anual de afiliados dun 11% convértese na máis grande dentro da CIG
Paulo Rubido, novo secretario nacional da Federación de Servizos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Congreso CIG-Servizos, clic para aumentar
A nova Executiva Federal de CIG-Servizos quedou composta por Paulo Paio Rubido Bará, Xosé Lois Martín Freire, Cristina Martínez Ces, Carmen Antas Pérez, Pedro Pérez Caride, Luis Soto Sabio, Elisa Ares Albor, Santiago Aldazábal Gómez e Antón Álvarez Merayo.
Congreso CIG-Servizos, clic para aumentar
Congreso CIG-Servizos, clic para aumentar
Cun espectacular medre afiliativo, dun 11% anual, a Federación de Servizos tense convertido na máis grande da CIG. Isto exixe unha capacidade de resposta a curto prazo das necesidades que esta nova afiliación require, xa que aglutina sectores e subsectores con realidades e problemas de grande diversidade e complexidade.
Congreso CIG-Servizos, clic para aumentar
Congreso CIG-Servizos, clic para aumentar
Congreso CIG-Servizos, clic para aumentar
“Temos, sen dúbida, unha oportunidade histórica para que, por fin, o noso pobo sexa recoñecido legalmente como tal. Non nos podemos quedar con preámbulos. Non nos podemos quedar con aspectos que limiten o que realmente somos: unha nación”. Así comezaba Paulo Rubido a súa intervención no acto de clausura do IV Congreso da Federación de Servizos.
Congreso CIG-Servizos, clic para aumentar
Suso Seixo, secretario xeral da CIG. (Fotos: ©galizacig.com 18/02/2006).
Paulo Rubido novo secretario nacional de CIG-Servizos
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'55'', espazo en disco: 29.201.248 bytes [27,8 Mb]).
 
Paulo Rubido foi elixido secretario nacional da Federación de Servizos no seu IV Congreso, celebrado o pasado sábado 18 de febreiro en Compostela. A Federación marcouse como obxectivos prioritarios o combate da precariedade, a mellora da organización interna e a consolidación do medre afiliativo. A respecto da situación política actual, Rubido defendeu que o novo Estatuto recoñeza a Galiza como nación e o dereito de autodeterminación.

“Temos, sen dúbida, unha oportunidade histórica para que, por fin, o noso pobo sexa recoñecido legalmente como tal. Non nos podemos quedar con preámbulos. Non nos podemos quedar con aspectos que limiten o que realmente somos: unha nación”. Así comezaba Paulo Rubido a súa intervención no acto de clausura do IV Congreso da Federación de Servizos.

Unha intervención na que tamén defendeu o “dereito á autodeterminación” e chamou a aproveitar a forza que ten a Federación e a CIG no seu conxunto para “contribuír para que o noso pobo teña o recoñecemento legal que se merece”.

O novo secretario nacional da Federación de Servizos denunciou a regresión que está a padecer a clase traballadora, cunha importante perda de poder adquisitivo e un cada vez maior empobrecemento da poboación. Situación da que responsabilizou ao modelo de pensamento único e á imposición da ideoloxía que o sustenta: o neoliberalismo económico. Un sistema que “conleva explotación e espoliación” e que “é triste que nestes momentos ninguén cuestione”, afirmou.


Medre dun 11%

Cun espectacular medre afiliativo, dun 11% anual, a Federación de Servizos tense convertido na máis grande da CIG. Isto exixe unha capacidade de resposta a curto prazo das necesidades que esta nova afiliación require, xa que aglutina sectores e subsectores con realidades e problemas de grande diversidade e complexidade.

Unha grande maioría dos afiliados do sector teñen contratos a media xornada, con ingresos inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional e convenios colectivos moi diferentes. Tal é así, que en CIG-Servizos o promedio de Convenios Colectivos por comarca pode andar polos 15 ou 20 (sectoriais e de empresa), impoñendo un esforzo suplementar aos responsábeis da súa negociación.

Isto equivale, tal e como se analiza no relatorio de Organización, a que “os e as responsábeis da Federación nas Comarcas deben ter uns coñecementos cando menos básicos para poder dar resposta tanto a un ou unha traballadoras da limpeza, da seguridade privada, da xardinería, da hostelaría ou dun medio de comunicación”.

Por iso, diante desta complexidade e das condicións económicas dos seus afiliados, desde a Federación pídese un esforzo da Confederación para que “sexa sensíbel” e contribúa á súa mellor organización e funcionamento. Do mesmo xeito estabelécese a necesidade de facer “un maior investimento en recursos para o seu bo funcionamento que en outras federacións da CIG”.


Análise do traballo sindical

Pártese de que o sector servizos “é sen dúbida o principal motor da economía galega, o que máis medra e o que máis postos de traballo ten xerado nos últimos anos” pero tamén o máis precarizado e o que conta cunha presenza máis importante das pequenas e medianas empresas. Unha peculiaridade que condiciona o traballo sindical, xa que este é ben diferente dunha grande empresa a unha pequena.

Neste sentido, sinálase que a permanencia no tempo dos e das liberadas da Federación, lonxe de garantir unha continuidade no traballo, demóstrase habitualmente como a xeralización da dependencia do traballo dunha única persoa, e finalmente no estancamento tanto da Federación como do seu traballo.

Por iso, á hora de realizar novas contratacións desde a Federación, “debemos obrigatoriamente contar con compañeiros e compañeiras que teñan traballado no ámbito da empresa”, di o relatorio e engade que “só o coñecemento da realidade da opresión do patrón, permite ter unha perspectiva correcta e o enfoque axeitado do traballo sindical a realizar.

Ademais estabelécese como prioridade a contratación de delegados de Persoal a través de excedencias forzosas para reforzar a estrutura da Federación. Do mesmo xeito, sinálase a necesidade de reforzar os grupos de traballo dos distintos subsectores da Federación e a súa organización a nivel nacional coordinada pola Executiva Confederal para dotar de unidade de acción á Acción Sindical de CIG-Servizos.


Precariedade laboral

No relatorio de Organización apúntase como responsábel da precariedade que padecen as e os traballadores do sector a “anos de reformas laborais e de perda continuada de dereitos”, que teñen deixado tras de si un panorama desolador: perda cualitativa e cuantitativa de calidade de vida, dereitos e poder adquisitivo, xeneralizándose as situacións de dificultades económicas entre a poboación.

“Un marco legal”, di o relatorio, “cada vez máis favorábel aos depredadores capitalistas (ETTs, empresas de servizos, aparición de novos convenios estatais de subsectores con salarios por debaixo do SMI...), afonda a precariedade do traballador/a de Servizos, que se fai especialmente inxusta na mocidade, que atopa nestas empresas case en exclusividade a súa única saída laboral no País”.

Para abordar esta situación proponse que as distintas comarcas realicen planos de traballo nos cales se definan as súas necesidades, prioridades e obxectivos para os vindeiros catro anos, en coordinación coa Executiva Nacional.

Outro dos eixos do traballo de cara aos próximos catro anos é a formación de cadros sindicais. Alén diso, salientando a importancia das eleccións sindicais, sublíñase como prioridades do traballo a desempeñar pola Federación a organización e consolidación interna e o combate á precariedade.


Executiva Federal

Paulo Paio Rubido Bará,
Xosé Lois Martín Freire,
Cristina Martínez Ces,
Carmen Antas Pérez,
Pedro Pérez Caride,
Luis Soto Sabio,
Elisa Ares Albor,
Santiago Aldazábal Gómez,
Antón Álvarez Merayo.


Consello Confederal

Paulo Paio Rubido Bará,
Luís Soto Sabio,
Mª Tránsito Fernández Fernández,
Humildad Romero Álvarez,
Alfredo Santomil García,
Cristina Martínez Padín,
Pilar Briones Viceiro,
Xosé Lois Novo Abraira.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta