|
Actualidade CIG-Comunicación-
A Confederación Intersindical Galega aproveitará o marco desta xornada para difundir o emprego dunha linguaxe con perspectiva de xénero. Así o argumenta Elvira Patiño Ogea, secretaria confederal da Muller da CIG, nunha carta na que presenta este foro de debate e reflexión colectiva: “Baixo o lema Nomear en feminino evita discriminacións no traballo pretendemos achegar unha serie de recomendacións co fin de revisar a linguaxe que empregamos tanto na documentación administrativa, como na revisión dos convenios as persoas que formamos parte da central sindical. Conscientes de que a pesar dos avances que se produciron e que se están a producir, no día a día seguen a asignarse roles e comportamentos diferentes aos homes e ás mulleres, algo que a linguaxe reflexa fielmente e que inflúe negativamente no avance da igualdade de oportunidades, creemos que só a través da socialización e da coeducación desde idades moi temperás podemos acadar o cambio. Mentres tanto, é preciso ir introducindo a perspectiva de xénero na negociación colectiva, mediante a introducción de melloras en materia de conciliación da vida familiar e laboral, e mediante a diferenciación da problemática de xénero na protección da saúde laboral das e dos traballadores”.
Ambito:
Nacional.
Distribúense as 25 prazas proporcionalmente entre as Unións Comarcais, resultando o seguinte reparto: A Coruña 4 asistentes, Ferrol 3 asistentes, Compostela 4 asistentes, Lugo 2 asistentes, A Mariña 1 asistente, Pontevedra, 2 asistentes, Vigo 7 asistentes, e Ourense 2 asistentes. |
|||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/02/2006 |
|||||||||||||||||
|