|
Actualidade CIG-Comunicación-
A Coruña: Ás 10:00 horas terá lugar unha asemblea de delegadas e delegados no local da CIG e ás 11:30 horas terá lugar a concentración diante do local da CEG, na Praza de Luís Seoane, fronte ao edificio da Xunta de Galiza. Lugo: Concentración ás 12:00 horas, diante da sede da CEG na Praza de Santo Domingo. Ourense: Ás 10:00 horas terá lugar no Salón de Actos da Casa Sindical unha asemblea de delegadas e delegados e ás 11:30 horas está prevista unha concentración na Praza das Damas diante do edificio da CEG. Pontevedra: Ás 10:00 horas asemblea de delegadas e delegados no Salón Sindical, na Rúa Pasantería, 1 baixo. Ao remate desta, entre as 11:30 horas e as 12:00 horas, concentración no local de AEMPE, na rúa Virxe do Camiño, 2. Compostela: Concentración, ás 12:00 horas, diante do local da CEG, na rúa do Vilar. Vigo: Asemblea de delegadas e delegados ás 10:00 horas, no Salón de Actos dos Capuchinos. Ás 11:30 horas sairá unha manifestación do cruce entre a Vía Norte e Urzaiz que rematará diante dos locais da CEG. Ferrol: Asemblea de delegadas e delegados ás 10:00 horas e ofrenda floral no monumento a Amador e Daniel. Manifestación ás 19:00 horas, con saída do local da CIG de Ferrol, ao que asistirá o secretario xeral da CIG, Suso Seixo.
A sinistralidade laboral (cadro 1) causa un enorme e intolerábel dano e sufrimento para ás víctimas, para as súas familias, para o seu entorno. Ten que ver coa nosa dignidade como clase traballadora, có respecto, coa democracia, có dereito á vida e a unhas condicións de traballo dignas. Dez anos despois da Lei de Prevención de Riscos Laborais (LPRL), transposición da Normativa Europea que pretendía converter a España nun estado moderno e respectuoso co dereitos dos traballadores e traballadoras, as cifras demostran a impunidade có que contan as empresas fraudulentas en seguridade e o fracaso estrepitoso dos gobernos nas súas obrigacións no control das condicións de traballo e na persecución aos infractores.
Dez anos despois da LPRL non contamos con suficientes especialistas en medicina do traballo polo que a vixilancia da saúde converteuse nunha burla. Non contamos con suficientes inspectores de traballo polo que a vixilancia do cumprimento das normas así como as esixencias das responsabilidades que se deriven, encobren aínda sen pretendelo a centos de empresarios que delinquen cada día. En dez anos a Fiscalía non apreciou a penas delicto penal en tanta morte, o que contrasta coa actuación da Fiscalía en outros moitos casos de morte provocada e a Administración galega permaneceu impasible degradando os Gabinetes Técnicos Provinciais transferidos en 1982. A precariedade laboral provocada polas distintas e permanentes reformas laborais, non só mantén con salarios miserables a centos de galegos e galegas, senón que tamén lesiona e mata. Os custes salariais no noso País son dos máis baixos do Estado español unicamente para enriquecer a uns cantos, de feito si por eso fora os índices de paro terían que ser cero. Así enténdese que o índice de incidencia de mortes por causa do traballo por cada cen mil empregados e empregadas son dos máis altos do Estado español (cadro 2).
Os máis avispados crearon nestes dez anos un verdadeiro mercado-negocio da Prevención coa creación de centos de empresas moi pouco interesadas na prevención e moito en obter grandes beneficios. Acreditáronse en torno a 700 Servicios de Prevención, case 200 entidades especializadas en auditorías e centenares de entidades formativas. O conxunto de servicios de prevención, empresas auditoras e entidades formativas moven ao ano millóns e millóns de euros sen que tanto recurso reverta nunha mellora substancial das condicións de traballo. A este dislate económico empresarial temos que engadirlle as cantidades dispostas polos poderes públicos para a Prevención que sen contar cos orzamentos das CCAA supoñen unha suma considerable (cadro 3), de eficacia discutible, cando non fraudulenta.
Nos últimos dez anos máis de 15.000 traballadores/as encontraron a morte en España e 1.148 en Galiza, cando procuran sustento para si e o seu entorno. Neste mesmo período o crecemento económico foi entorno ao 18% fronte a un crecemento de máis do 50% dos accidentes de traballo (cadros 4 e 5 ).
Pero os accidentes de traballo son a punta do iceberg dunhas condicións de traballo provocadoras de milleiros de mortes silenciosas, de enfermidades e sufrimentos que non aparecen nas estatísticas. A título de exemplo, estímase que entre 5.000 e 8.000 traballadores morren cada ano en España por exposición a productos químicos canceríxenos. E a situación non cesa, si durante anos o tema do amianto estivo secuestrado polos poderosos lobbys industriais e os falsos “expertos” que conspiraron para gardar o coñecemento sobre os efectos canceríxenos do amianto, aínda hoxe os poderes públicos non compensaron debidamente aos centos de traballadores contaminados polo amianto. Outra mostra da situación que padecemos o demostra o estudio epidemiolóxico en traballadores de canteiras de Galiza que de 440 traballadores recoñecidos atoparon a 77 afectados dos que 15 padecen silicose complicada. Tendo en conta que máis de 5.000 traballadores traballan no sector, e que os casos de silicose detectados correspóndense con traballadores en activo, estamos diante dunha verdadeira catástrofe económica e social e na que como sempre perden os traballadores e ás súas familias. Na Saúde Laboral parece como si non existiran os avances tecnolóxicos. Na Construcción en Galiza, analizados os accidentes de traballo con resultado de morte entre os anos 1992 e 2003, o 84% deles se poderían evitar cumprindo uns mínimos en seguridade: atrapamentos, caídas de altura. Males de todos os días a todas horas (cadro 6).
Diante deste panorama, a Confederación Intersindical Galega prepara a estrutura sindical para loitar contra das condicións de traballo que padecen as traballadoras e os traballadores galegos, con tolerancia cero cara a as empresas infractoras e con esixencia total cara a as Administracións públicas implicadas. Galiza, 10 de marzo de 2006. |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/03/2006 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||