|
Actualidade CIG-Comunicación-
A xornada do 8 de Marzo comezará cunha asemblea no local da CIG en Gregorio Espino, 47, de delegadas e delegados sindicais na que se explicará a campaña posta en marcha este ano pola Secretaría Confederal de Muller e Servizos Sociais da CIG baixo o lema “Nomear en feminino evita discriminacións no traballo, emprega o A e nomea co A” a prol do emprego dunha linguaxe non sexista. Repartiranse tamén as guías de linguaxe non sexista editadas pola CIG. Ás 11:00 da mañá, farase unha marcha dende o local da CIG que rematará na porta do Sol, na estatua do “Sireno”. As mulleres e homes que participarán nesta marcha levarán carteis alusivos á campaña con distintos exemplos de nomes de profesións en feminino e masculino. Tralo acto reivindicativo haberá unha concentración na que se dará lectura a un manifesto relacionado coa campaña da CIG “Emprega o A e nomea co A”. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/03/2006 |
|||||||
|