ActualidadeVolver a Actualidade
Vigo, 10 de marzo de 2006

As mulleres da CIG de Vigo celebran o 8 de marzo
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com



  Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Ás 11:15 delegadas e delegados saíron do local da CIG portando carteis alusivos a esta campaña, reivindicando o emprego do “A” para nomear as categorías profesionais das mulleres que desempeñan as distintas profesións. (Fotos: ©Fernando Pol 08/03/2006).
Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Podían lerse nos carteis que portaban as mulleres: “Eu non son Carpinteiro, Son CarpinteirA”, “Eu non son Mecánico, Son MecánicA”, “Eu non son Engraxador, Son EngraxadorA” ou “Eu non son Xuíz, Son XuízA”. (Ver reportaxe gráfica)
 
As delegadas sindicais da CIG xunto con algúns compañeiros do sindicato levaron a cabo a marcha de “nomes de profesións en feminino e masculino” prevista para o día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, dende o local da CIG ata a Porta do Sol de Vigo.

A xornada comezou cunha asemblea de delegadas e delegados da CIG na que a secretaria comarcal da Muller de Vigo, Raquel Pazos Garrido, explicou ás persoas participantes a campaña confederal da Secretaría da Muller e Servizos Sociais “Nomear en feminino evita discriminacións no traballo, emprega o A e nomea co A”. Tamén se repartiron copias ás/aos presentes do folleto “Recomendacións para unha linguaxe non discriminatoria” editado pola Confederación Intersindical Galega.

Posteriormente, ás 11:15 da mañá, ao remate da asemblea, as delegadas e delegados saíron do local da CIG portando carteis alusivos a esta campaña, reivindicando o emprego do “A” para nomear as categorías profesionais das mulleres que desempeñan as distintas profesións.

Así, por exemplo, podían lerse nos carteis que portaban as mulleres, entre outros, “Eu non son Mecánico, Son MecánicA”, “Eu non son Pescador, Son PescadorA”, “Eu non son Carpinteiro, Son CarpinteirA”, “Eu non son Engraxador, Son EngraxadorA” ou “Eu non son Xuíz, Son XuízA”; do mesmo xeito, nos carteis que levaban os homes, entre outros, “Eu son Enfermeiro, Ela é EnfermeirA”, “Eu son Mestre, Ela é MestrA”, ou “Eu son Técnico, Ela é TécnicA”.

Durante o percorrido polas rúas da cidade, as mulleres da CIG repartiron trípticos explicativos da campaña entre as/os viandantes nos que, ademais de informar desta iniciativa, se dan varias recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista e se aporta unha relación de locais da CIG onde poder informarse.

Finalmente, e tras unha parada nas escaleiras do Museo de Arte Contemporánea (Marco) na rúa Príncipe de Vigo, a marcha rematou xunto á estatua do Sireno, na Porta do Sol, da que se colgaron catro pancartas co lema da campaña.

As/os asistentes a este acto reivindicativo esviteron concentrados no lugar durante unha media hora, transcurrida a cal Raquel Pazos deu lectura a un manifesto cuio texto reproducimos a continuación.



Día da Muller Traballadora, clic para aumentar  
Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Finalmente, e tras unha parada nas escaleiras do Museo de Arte Contemporánea (Marco) na rúa Príncipe de Vigo, a marcha rematou xunto á estatua do Sireno, na Porta do Sol, da que se colgaron catro pancartas co lema da campaña. (Fotos: ©Fernando Pol 08/03/2006).
Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Día da Muller Traballadora, clic para aumentar
Manifesto da
Secretaría da Muller da CIG de Vigo


Bo día compañeiras e compañeiros:

É verdade que nos últimos tempos veñen de aprobarse diferentes medidas legais que recoñecen e tratan de avanzar cara á igualdade entre mulleres e homes, mais, se nos poñemos a analizar a realidade podemos afirmar que a taxa de pobreza feminina vai en aumento e supón máis do dobre da masculina.

As causas deste feito son coñecidas por todas e todos nós: maior incidencia de desemprego entre as mulleres –maior eventualidade, traballo en negro e contratos a tempo parcial– segregación ocupacional –salarios máis baixos– maior dificultade para acceder a postos de responsabilidade ou dirección.

Todos estes feitos veñen case sempre ligados á imaxe da muller como única responsable das cargas familiares; por iso, dende a nosa Central Sindical, traballamos arreo para o cumprimento e mellora das políticas de conciliación da vida laboral, familiar e persoal, non deixando nunca de lado que estas políticas son vinculantes para homes e mulleres, é evidente a necesidade de chegar a un reparto máis equitativo da carga de traballo, non esquezamos pois que a verdadeira conciliación pasa pola corresponsabilidade.

Desde a Confederación Intersindical Galega pretendemos hoxe, con esta campaña, polo uso dunha linguaxe non sexista, difundir o emprego dunha linguaxe na que tamén se recoñeza e visualice o valor social das capacidades e funcións, así coma o gran número de actividades desenroladas polas mulleres.

Porque no camiño cara á igualdade de mulleres e homes, a linguaxe desempeña un importante papel e a lingua ten os recursos precisos para nomear a mulleres e homes sen ocultar a ninguén e sen alterar as estruturas do idioma. Se somos capaces de facer un uso da linguaxe adecuado, lograremos representar o xénero das persoas sen discriminacións e representacións positivas nin negativas.

Eliminando das nosas costumes un uso discriminatorio da linguaxe, cambiaremos a nosa concepción da realidade.

Esta é unha loita de toda a clase traballadora, na que todas e todos estamos implicados.

Así pois, e xa para rematar, vou a aproveitar a ocasión para dar lectura ás palabras dunha recoñecida muller no eido das nosas letras e compañeira ademais da nosa Central Sindical, Marta Dacosta, que din:

Ordenemos o universo
Lavemos a cuberta e botemos pola borda
Tanto lastre inútil,
E así, sen peso,
Co universo ordenado
Debuxemos un mapa para a viaxe.


Unha aperta e grazas pola vosa participación.

Día da Muller Traballadora, clic para aumentar   Sireno, clic para aumentar
As/os asistentes a este acto reivindicativo esviteron concentrados no lugar durante unha media hora, transcurrida a cal Raquel Pazos deu lectura a un manifesto. (Ver reportaxe gráfica)
Raquel Pazos, clic para aumentar

 
 
Informacións relacionadas
08/03/2006 O acto reivindicativo comezará ás 11 da mañá, no marco da campaña “Nomear en feminino evita discriminacións no traballo”
A CIG celebrará o 8 de marzo en Vigo cunha marcha de “nomes de profesións en feminino e masculino”
01/03/2006 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
Nomear en feminino evita discriminacións no traballo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/03/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta