|
Actualidade / Artigo
Ourense, 29 de marzo de 2006
A CIG non foi admitida no programa Hai debate da TVG
Non lle chames debate, é un monólogo con matices
| |
 |
| Finalmente o “debate” converteuse nun monólogo
con matices a prol da fusión. Dende determinados sectores do poder téntase dar unha imaxe de apoio
absoluto á fusión. A estes sectores, nomeadamente ao PSOE, queremos deixarlle claro que excluír
a CIG dun programa de televisión pode ser doado. Non será tan doado calar a nosa voz e a dos traballadores/as
afectados pola reconversión se a fusión vai adiante.
(Foto: Sonia Vizoso, presentadora de Hai debate). |
| |
O pasado luns día 27 de marzo
a TVG emitía o programa “Hai debate” sobre a fusión das Caixas Galegas, todas as persoas e organizacións
presentes defendían a fusión, non houbo voces diverxentes.
Debater: Tratar un asunto entre varias persoas, xeralmente con puntos
de vista distintos, estudando os seus diferentes aspectos.
(Dicionario da Real Academia Galega).
A Dirección do programa “Hai debate” da TVG convidou a CIG para pregravar unha pequena intervención
de menos de un minuto que sería emitida durante o programa. Dende a CIG-Banca solicitouse estar presente
no debate. Tanto polas repercusións que para o emprego podería ter a fusión-absorción,
como por ser a única organización cunha posición clara contra a absorción de Caixanova
pola Caixa Galicia. Lembrándolle por outra banda que a CIG é a primeira forza sindical nas Caixas
Galegas.
Dende a Dirección da TVG indicouse que
non era posible debido ao formato fixo do programa. E que só era posible a intervención pregravada
tal como estaba previsto pola Dirección da canle pública galega. Posibilidade que foi rexeitada pola
CIG-Banca.
Finalmente o “debate” converteuse nun monólogo
con matices a prol da fusión. Dende determinados sectores do poder téntase dar unha imaxe de apoio
absoluto á fusión. A estes sectores, nomeadamente ao PSOE, queremos deixarlle claro que excluír
a CIG dun programa de televisión pode ser doado. Non será tan doado calar a nosa voz e a dos traballadores/as
afectados pola reconversión se a fusión vai adiante.
Clodomiro Montero Martínez.
Secretario nacional da Federación de Banca da CIG.


Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/03/2006
cig.informatica
|