ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 7 de marzo de 2006

Compostela terá unha rúa co nome de Rúa do Banquete de Conxo
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Celebración Xantar Conxo, clic para aumentar
Santiago de Compostela contará así cunha rúa que levará o nome do Banquete de Conxo, fito de grande relevancia na historia do noso país e do que o 2 de marzo se celebrou o 150 aniversario. (Foto: Acto de conmemoración do Xantar Democrático de Conxo organizado por CIG e CAF en Santiago o 2 de marzo de 2006. ©galizacig.com).
 
Santiago de Compostelá terá unha rúa chamada Rúa do Banquete de Conxo situada precisamente no propio barrio de Conxo. A proposta de denominar así a unha rúa da cidade fíxoa na Xunta de Voceiros do pasado día 23 de febreiro Néstor Rego, concelleiro de Cultura da cidade e voceiro do grupo municipal do BNG. Rego atendeu deste xeito unha petición da CIG, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Cultural O Galo, e os CAF.

A aprobación de que a rúa levara ese nome fíxose no pleno do xoves 23 de febreiro a proposta do BNG, cos votos favorables dos socialistas e a abstención do Partido Popular. Santiago de Compostela contará así cunha rúa que levará o nome do Banquete de Conxo, fito de grande relevancia na historia do noso país e do que o 2 de marzo se celebrou o 150 aniversario.

A solicitude destas asociacións propoñía que se inaugurase a rúa o día 2 de marzo, coincidindo precisamente coa conmemoración dos 150 anos da celebración do Banquete, pero a inauguración tivo que quedar posposta a máis adiante por falta de tempo entre o día no que se aprobou e o día no que se celebraba o aniversario.

 
 
Informacións relacionadas
03/03/2006 DESDE O VENTRE DA BALEA
“Banquete de Conxo”: artesáns e estudantes de mans dadas
Artigo de Rafa Villar (CIG)
02/03/2006 150 Aniversario do Banquete de Conxo
Confirmada a presenza de numerosas asociacións e persoeiros ao xantar organizado pola CIG e os CAF
02/03/2006 Patria e liberdade
Artigo de Manuel Mera (CIG)
25/02/2006 A historia repítese e traballadores e estudantes vólvense dar cita o 2 de marzo xunto a representantes sociais e persoeiros da cultura
CIG e CAF organizan un xantar para conmemorar o 150 aniversario do “Banquete de Conxo”
24/01/2006 O banquete de Conxo, a unidade de obreiros e estudantes
Artigo de Manuel Mera (CIG)
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/03/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta