ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 2 de marzo de 2006

150 Aniversario do Banquete de Conxo
Confirmada a presenza de numerosas asociacións e persoeiros ao xantar organizado pola CIG e os CAF
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Debuxo exaltación patriótica (Cousiño 1855), clic para aumentar
Descarga o folleto O xantar democrático de Conxo en formato .pdf.
 
Arredor de 20 asociacións e organizacións culturais, ademais de representantes da política, das letras e do mundo da comunicación confirmaron a súa asistencia ao xantar co que a CIG e os CAF conmemoran o 150 aniversario do Banquete de Conxo.

Entre outros asistentes, pódense salientar:

  • SLG, Lidia Senra, Manuel Dacal e Carme Freire;
  • FPG, Mariano Abalo;
  • Galiza Nova, Xosé Emilio Vicente;
  • AS-PG, Carme Vilariño;
  • ADEGA, Fins Eirexas;
  • Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez;
  • Asociación de Editores en Lingua Galega, Miguel Anxo Fernán Vello;
  • Asociación Galega de Historiadores, Uxío Breogán Diéguez;
  • Asociación Cultural O Galo, Manuel Vázquez;
  • Asociacións Culturais Galegas, Paco Peña;
  • Fundación Galiza Sempre, Xabier Macías;
  • Fundación Bautista Álvarez, Pilar García Negro;
  • Fundación Castelao, Avelino Pousa Antelo;
  • Esculca, Elvira Souto;
  • Xustiza e Sociedade, Miguel Anxo;
  • Organización Galega de Comunidades de Montes, Xosé Pereira;
  • Movemento polos Dereitos Civís, Renato Núnes;
  • Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón;
  • BNG, por confirmar.

  • Xosé Manuel Vega, presidente do Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza,
  • Suso Iglesias, director da TVG,
  • Afonso Eiré, director de A Nosa Terra,
  • Luís Álvarez Pousa, director de Tempos Novos,
  • Néstor Rego, concelleiro de Cultura de Santiago,
  • Xabier Vence, catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Santiago,
  • Xaime Cabeza, catedrático de Economía do Traballo da Universidade de Vigo,
  • Xosé Díaz, economista,
  • Ana Suevos, maxistrada do Social,
  • Bieito Alonso, historiador.

Está previsto o comezo do xantar ás 14:30 horas e as intervencións a partir das 16:00 horas. Tras do xantar, ás 19:30 horas, terá lugar na Galegría Sargadelos de Santiago de Compostela unha charla a cargo de Bieito Alonso, na que o historiador presentará “Unha ollada en perspectiva do Banquete Democrático de Conxo”.

Xa está en marcha ademais, desde a Fundación para o Estudo e a Divulgación da cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), a preparación dun documental que abrangue desde principios do século XIX até comezos do XX, coas Irmandades da Fala.

Xunto a isto, FESGA está a elaborar 12 paneis alusivos á época que serán expostos nos locais da CIG de todo o país, dos que está previsto facer copias para expor tamén entre aquelas entidades que estean interesadas.

Alén diso, trabállase nun libro no que se analiza o século XIX e aqueles acontecementos máis salientábeis, como a insurrección liberal de 1846, entre outros.

 
Descarga en .pdf
 
pdfO xantar democrático de Conxo

 
 
Informacións relacionadas
02/03/2006 Patria e liberdade
Artigo de Manuel Mera (CIG)
25/02/2006 A historia repítese e traballadores e estudantes vólvense dar cita o 2 de marzo xunto a representantes sociais e persoeiros da cultura
CIG e CAF organizan un xantar para conmemorar o 150 aniversario do “Banquete de Conxo”
24/01/2006 O banquete de Conxo, a unidade de obreiros e estudantes
Artigo de Manuel Mera (CIG)
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/03/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta